Blanca Jeannette Kawas Fernández, nada en Tela (Honduras) o 16 de xaneiro de 1946 e finada na mesma cidade o 6 de febreiro de 1995, foi unha activista do medio ambiente hondureña, coñecida polo seu papel no rescate de máis de 400 especies de flora e fauna de Honduras durante os seus últimos anos até o seu asasinato. O Parque nacional Jeanette Kawas é nomeado na súa memoria.

Traxectoria Jeannette Kawas naceu en Tela, Atlántida, estudou na escola "Miguel Paz Barahona" e conseguiu o seu título de Perito Mercantil e Contador Público en 1967, posteriormente comezou a traballar nalgunhas institucións financeiras durante a década de 1970.

Casou con Jim Watt, e entre 1977 e 1979 deu a luz a dous fillos.

A principios de 1980 emigrou cos seus fillos á cidade estadounidense de Nova Orleans, onde estudou computación e obtivo diversos certificados, premios e mencións polos seus logros e excelencia académica. A principios de 1990 comezou o seu papel de traballo na Asociación Hondureña de Ecología. As actividades de Jeannette Kawas e os progresos realizados para preservar 449 especies de plantas, a diversidade de flora e fauna, lagoas costeiras, afloramentos rochosos, pantanos, mangleiros, costas rochosas, praias de area e selva situadas nunha franxa costeira de 40 quilómetros, foron obstáculos para proxectos empresariais.

Asasinato Kawas realizou actos en contra do goberno de Carlos Roberto Reina Idiáquez debido ao outorgamento de títulos de propiedade a campesiños e empresarios nas reservas de Punta Sal, hoxe chamado Parque nacional Jeanette Kawas.

Dous días despois da protesta, o 6 de febreiro de 1995, atopábase na súa casa, ás (19:45 horas) 7:45 p.m. Foi asasinada con arma de fogo por dous sospeitosos, non identificados na súa casa no barrio El Centro, na cidade de Tela, Atlántida. Entre os sospeitosos de asasinato atópanse o coronel Mario Amaya (coñecido como Tigre Amaya), quen se reuniu co sarxento Ismael Perdomo e Mario Pineda (tamén coñecido como Chapin) na xefatura de policía de Tela.https://web.archive.org/web/20150416211543/http://www.honduraslaboral.org/article/honduras-ante-la-corte-interamericana-por-el-asesi/

Feitos posteriores Como non había interese nos operadores de xustiza de Honduras en aclarar as causas do asasinato, o 13 de xaneiro de 2003, o Equipo de Reflexión, Investigación y Comunicación (ERIC) da Compañía de Xesús e o Centro para la Justicia Internacional (CEJIL) enviaron tres solicitudes individuais á Comisión Interamericana de Dereitos Humanos, nas que responsabilizaba ao Estado de Honduras polos asasinatos de Kawas, Carlos Escaleras e Carlos Luna López.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Margarita Murillo Ecoloxía de Honduras Carlos Antonio Luna López Lesbia Urquía Berta Cáceres

Categoría:Activistas de Honduras Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados en Honduras Categoría:Ecoloxistas de Honduras Categoría:Asasinatos en Honduras