Monica Frassoni, nada o 10 de setembro de 1963 en Veracruz (México), é unha política italiana de orientación ecoloxista, que pertenceu a diversos partidos verdes europeos.

Primeiros anos Diplomada en Ciencias políticas, comeza a súa actividade política en 1983 no seo do Movemento Federalista Europeo, e en 1987 é elixida Secretaria-xeral europea dos JEF (Mozos Europeos Federalistas), a sección de mozos do movemento.

Traxectoria política Desde 1990 até xuño de 1999, Frassoni foi conselleira do Grupo dos Verdes no Parlamento Europeo onde se encargou dos temas institucionais, de regulamento interno e inmunidade.

En 1999 foi elixida eurodeputada por primeira vez polo partido francófono belga Ecolo.

En 2004 presentouse de novo ás eleccións europeas, esta vez en Italia xunto á Federación dos 200s (pertencente ao Partido Verde Europeo) pola circunscrición Noroeste. Durante esa lexislatura foi co-presidenta do grupo parlamentario Verdes/ALE xunto a Daniel Cohn-Bendit, até 2009. O 15 de xaneiro de 2007 foi candidata a presidir o Parlamento, quedando en segundo lugar con 145 votos, por detrás do candidato PPE-PSE Hans-Gert Poettering.El democristiano Hans-Gert Poettering, elegido presidente del Parlamento Europeo El País, 16/01/2007. Consultado o 17 de decembro de 2007.

Desde 2010 forma parte do padroado da Fundación Equo en España. Actualmente os mozos verdes italianos piden a súa dimisión como copresidenta do partido verde europeo pola súa candidatura como independente con SEL, mentres que os Verdes italianos apostaron pola coalición Revolución Cívica.LA MIA RISPOSTA ALLA RICHIESTA DI DIMISSIONI DAI VERDI EUROPEI

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Monica Frassoni: páxina persoal Europa y España, entre infraestructuras de transporte y desarrollo El País. Tribuna Mónica Frassoni e Gianluca Solera, 17/12/2003. Consultado o 17 de decembro de 2009. La Directiva de Retorno El País, 27/06/2008. Consultado o 17 de decembro de 2009.

Categoría:Ecoloxistas de Italia Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados no estado de Veracruz Categoría:Políticos de Italia