miniatura|Poseidón (esquerda) brandindo un tridente e portando a illa Nísiros nos ombreiros mentres loita cun xigante (probabelmente Polibotes), cerámica do -500 ou -450.Beazley Archive 204546; Cook, Plate III, A. Na mitoloxía grega e romana, os xigantes (en , Gígantes, en singular: Γίγας, Gígas) foron unha raza fantástica de gran forza e agresividade. Protagonizaron a Xigantomaquia, a batalla que tiveron contra os deuses olímpicos.Hansen, pp. 177–179; Gantz, pp. 445–454. Para o seu tamaño véxase: Hansen p. 177: "Hesíodo descríbeos como "grandes," referíndose quizais á súa estatura, mais os xigantes non son sempre representados como enormes. Malia que a palabra xigantes deriva deriva do grego Gigantes, os trazos máis persistentes dos xigantes son a forza e a agresión." Segundo Hesíodo, os xigantes eran descendentes de Xea (a Terra), nados do sangue que caeu cando Urano (o Ceo) foi castrado polo seu fillo, o titán Cronos Hesíodo: Teogonía 185. Hixino sinala a Tártaro como pai dos xigantes (Fábulas, prólogo 4). Un paralelismo do nacemento dos xigantes é o nacemento de Afrodita do mar igualmente fertilizado polos xenitais de Urano..

Xea procreou ós Xigantes para vingar ós Titáns, tamén fillos seus, que foran encerrados no Tártaro por Zeus trala Titanomaquia.

O número de Xigantes estímase en 24 Graves, px. 147., aínda que os diferentes mitógrafos discordan nas cifras que dan. Tampouco coinciden os nomes que proporcionan. Pseudo-Apolodoro só menciona 13 nomes pero engade que había máis: "ó resto exterminouno Zeus fulminándoos cos raios" Pseudo-Apolodoro I, 6, 2.. Hixino dá unha lista de 23, entre os que inclúe algúns que nada teñen que ver cos xigantes do mito, a outros están marcados como dubidosos Fábulas, prólogo 4..

Cómpre advertir que hai moitos máis personaxes mitolóxicos descritos como xigantes (por exemplo, Xerión, Tifón ou Atreo). Grimal atribúe a adición destes xigantes, propia de tradicións máis modernas, a unha inclusión abusiva dos mitógrafos de seres xigantescos, de gran forza, ou mesmo monstruosos, pero que non pertencen á raza dos Xigantes fillos de Xea e do sangue de Urano Grimal, s.v. gigantes..

Nómina dos Xigantes Non será ata o Período helenístico que comeza a darse nome ós diferentes Xigantes e identificar a cada deus co que se enfrontou cada XiganteApolodoro I, 6, 2.: Agrio, ó que mataron as Moiras. Alcioneo, morto por Heracles. Era o máis forte dos Xigantes. Clitio, queimado polas teas de Hécate. Efialtes, morto polas frechas de Apolo e Heracles, coas que lle atravesaron os ollos. Encélado, enterrado por Atenea baixo o monte Etna. Éurito, morto por Dioniso a golpes do seu tirso. Gratión, morto por Artemisa. Hipólito, morto por Hermes. Mimas (ou Mimante), morto por Hefesto, que o sepultou baixo ferro fundido, ou por Ares. Palas (ou Palante), morto por Atenea, que logo se protexeu coa súa pel como escudo. Polibotes, sepultado por Poseidón baixo un fragmento da illa de Cos ou de Nisiro que lle botou enriba. Porfirión (ou Porfirio), morto pola acción conxunta de Zeus e de Heracles, tras intentar violar a Hera, esposa de Zeus. Toante, tamén morto polas Moiras.

Orixe O nome "xigantes" está asociado normalmente con "nados da terra"Hard, p. 86; Gantz, p. 16; Merry, Homer's Odyssey 7.59; Douglas Harper menciona tamén unha posible orixe pregrega ("giant". Online Etymology Dictionary)., e a Teogonía de Hesíodo explicítao ó describir que os xigantes son os descendentes de Xea (a Terra). De acordo con Hesíodo, Xea, muller de Urano, tivo moitos fillos: unha primeira xeración de titáns, os ciclopes e os hecatonquiros Hesíodo: Teogonía 133-154..

Mais Urano odiaba os seus fillos, e tan axiña como nacían, encerrábaos dentro de Xea, causándolle a ela moita anguria. E entón Xea fixo unha fouce de aceiro e deulla a Cronos, o máis novo dos seus fillos titáns, e agochouno (presumiblemente aínda dentro do corpo de Xea) para agardar por unha emboscada.Hesíodo, Teogonía 154–175; Gantz, p. 10. miniatura|300px|Un Xigante loitando contra Artemisa (relevo no Vaticano) Cando Urano quixo xacer con Xea, Cronos castrou ó seu pai, e as pingas de sangue que caeron recibiunas Xea, que deu a luz ós xigantes. Os xenitais de Urano -que Cronos lanzou ó mar- crearon unha escuma branca da cal xurdiu Afrodita.

O mitógrafo Pseudo-Apolodoro di que os xigantes proveñen da unión de Xea e Urano, e non fai ningunha conexión coa castración de Urano, dicindo sinxelamente que Xea "irritada polo acontecido ós titáns, procrea con Urano os xigantes" Pseudo-Apolodoro I, 6, 1..

O lugar do seu nacemento e escenario da guerra foi Flegras, na península de Palene, a máis occidental das tres que compoñen a Calcídica (Macedonia). Timeo di que a guerra tivo lugar no sur de Italia, de onde lles vén a relación popular cos volcáns desta zona.

Descrición

Os Xigantes eran enormes criaturas "Altos e terribles" (Graves, px. 147); "Insuperables pola magnitude dos seus corpos e invencibles pola súa potencia física" (Pseudo-Apolodoro I, 6, 1)., de aspecto terrorífico e inmensa forza, con longas barbas e mesto cabelo; tiñan colas de serpes no canto de pernas. Da súa forza dá proba o feito de que comezasen a guerra contra Zeus lanzando ó Olimpo rochas como montañas e árbores ardendoPseudo-Apolodoro especifica que se trataba de aciñeiras (Biblioteca mitológica I, 6, 1)..

Dicíase que os Xigantes vencidos foron enterrados baixo volcáns e que eran a causa de erupcións volcánicas e terremotos, como manifestación do seu enfado pola súa reclusión eterna.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017. Gantz, Timothy, Early Greek Myth: A Guide to Literary and Artistic Sources, Johns Hopkins University Press, 1996, Two volumes: (Vol. 1), (Vol. 2).

Hansen, William, Handbook of Classical Mythology, ABC-CLIO, 2004. . Hard, Robin, The Routledge Handbook of Greek Mythology: Based on H.J. Rose's "Handbook of Greek Mythology", Psychology Press, 2004, . HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. Hesíodo, Teogonía, en The Homeric Hymns and Homerica with an English Translation by Hugh G. Evelyn-White, Cambridge, Massachusetts.,Harvard University Press; Londres, William Heinemann Ltd. 1914. Online version at the Perseus Digital Library.