MárciaInformación xeralNome completoAna Márcia de Carvalho SantosNacemento19 de febreiro de 1982 (39 anos)OrixeLisboaPaísligazón=|alt=Portugal|borda|22x22px PortugalXénero musical Pop, rock, indie, folkInstrumento(s)voz, guitarraPáxina oficialhttps://www.marcia.pt/
Ana Márcia de Carvalho Santos (Lisboa, 19 de febreiro de 1982) é unha cantante, compositora e poeta portuguesa.
Traxectoria Estudou Pintura na Facultade de Belas Artes e traballou en cinema documental, mais á parte da súa formación académica estudou canto na escola de Jazz Hot Club.
Formou parte do grupo popular Real Combo Lisbonense.
EP e primeiro éxito En 2009 lanzou o seu primeiro traballo en solitatario "Márcia", con cinco cancións de guitarra e voz. Entre elas, a súa canción máis coñecida, "A pele que há en min" que máis tarde viría a ter unha versión en dueto co cantante J.P. Simões. Esta versión, "A Pele que há en min (quando o dia atardeceu)" (Dá, Parlophone Music Portugal, 2011) foi nomeada para mellor canción na gala Globos de Ouro 2012.
"DÁ" foi o seu primeiro álbum de longa duración, producido polo músico Luis Nunes (que editaba co pseudónimo de Walter Benjamin) e polo mentor do Real Combo Lisbonense (proxecto que integrou entre 2008 e 2012), João Paulo Feliciano. Este disco foi editado en 2010 por unha editora independente e reeditado en 2011 pola Parlophone Music Portugal.
En maio de 2013 lanzou "Casulo" (Warner Music Portugal), un disco influenciado pola experiencia da maternidade que tivo por primeira vez en 2012 e producido polo seu marido, Filipe Cunha Monteiro.
O primeiro single foi "Deixa-me ir", con clipe do realizador Miguel Gonçalves Mendes. O segundo single foi a canción "Menina", para a cal contou coa colaboración de Samuel Uría.
Na altura da promoción de Casulo, unhas choivas fortes en Lisboa anegaron o seu estudio persoal encharcando tamén os seus discos que alí estaban gardados, sobre todo unha caixa chea con exemplares do seu álbum "Dá". Márcia resolveu entón doar os discos mollados para quen quixese, autografados, onde o interesado pagaría os gastos postais e os fans acabaron coas existencias.
Quarto Crescente En 2015 lanza "Quarto Crescente" gravado no Río de Xaneiro e producido polo músico Dadi Carvalho. Na canción "Linha de ferro" contou coa colaboración do cantante brasileiro Criolo. A capa do álbum xa non son ilustracións, como en "Dá" e "Casulo", mais que é, por primeira vez, unha fotografía da Márcia, en negro e branco, rexistrada polo tamén músico David Fonseca.
O primeiro single foi "Insatisfação". Gravado entre Lisboa e o Río de Xaneiro. Quarto Crescente ten 11 temas, todos eles con letra e música de Márcia, con excepción do tema “Mal Menor” en que a música foi composta por Filipe C. Monteiro.
Vai e vem En 2018 lanza o álbum "Vai e vem", un disco de plena afirmación da cantante na música portuguesa. Todas as 12 cancións de "Vai e Vem" teñen a sinatura de Márcia, mais tres delas son interpretadas en dueto − con António Zambujo, Samuel Úria e Salvador Sobral. Dúas cancións do álbum xa foran publicadas anteriormente: "Agora" formou parte do Festival da Canción en febreiro de 2017 e "Tempo de aventura" foi lanzado en abril de 2017, as dúas músicas con vídeo realizados por Joana Linda.
O primeiro single foi "A tempestade", acompañado dun vídeoclip, filmado no Barrio da Fonte da Prata, con realización de Filipe C. Monteiro e dirección de fotografía de Ricardo Magalhães. Un vídeo conmovedor e que conta coa participación de varios moradores do barrio.
En 2019 Márcia foi distinguida co premio José da Ponte polo álbum "Vai e Vem".
En 2021 foi premio no Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal por “O verão sabe-me bem” (As estradas são para ir).
Discografía
Márcia (2009) Dá (2010) Dá (2011 reedición Parlophone Music Portugal) Casulo (2013 Warner Music Portugal) Quarto Crescente (2015 Warner Music Portugal) Vai e Vem (2018)
Poesía
As estradas são para ir (2020). Editorial Planeta. ISBN 978-989-777-425-6.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina oficial Páxina da Márcia no Facebook Páxina da Márcia no myspace Páxina da Márcia no last.fm Márcia Spotify
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Cantantes de Portugal Categoría:Compositores de Portugal