Andevoto, en latín Andevotus, morto polo 437, foi un líder militar de probable orixe vándala ao mando dun exército privado que actuou en Hispania ao servizo da poderosa aristocracia terratenente hispanorromana da Bética.
Traxectoria No ano 437, participou nunha batalla nas beiras do río Genil, onde se enfrontou ao rei suevo Requila. Este venceu, facéndose cun gran botín en ouro e prata.Hidacio, Chronicon XIV (en latín)
Hipóteses sobre a orixe Aínda que a súa orixe non está clara, para uns era un xeneral romano e para outros era un caudillo vándalo que non seguira a Xenserico cando este pasou a África no 429.Martindale (1980), p. 86 Neste caso, a denominación de Andevoto sería a latinización do antropónimo xermánico Anduit, de orixe vándala ou ostrogoda.
Segundo Isidoro de Sevilla, Andevoto era o líder militar dos exércitos romanos (dux Romanae Militiae) aveciñados en Hispania.Isidoro de Hispalis, Historia Suevorum, 85 (en latín) Con todo, o bispo de Híspalis non é recoñecido como a fonte máis fiable para os acontecementos acaecidos en Hispania no século V. Segundo E.A. Thompson, seria un comes Hispaniarum enviado a Hispania pola corte de Rávena,Thompson (1982), p. 220 enviado ao mesmo tempo có conde Censorio, para pór remate aos ataques dos suevos na Bética.
Doutra opinión é Hidacio, quen opina que ía cum sua manu. Esta hipótese é refrendada por Sanz quen interpreta a frase como tropas dependentes del mesmo.Sanz (1986), p. 260 Segundo isto, é posíbel que actuase en Hispania cun exército propio contratado pola poderosa nobreza hispanorromana para se defenderen dos ataques e saqueos xermánicos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Isidoro de Hispalis, Historia de regibus gothorum, wandalorum et suevorum (en The Latin Library) (en latín) Hidacio, Chronicon (en latín)
Categoría:Finados en 437 Categoría:Vándalos Categoría:Reino Suevo Categoría:Imperio Romano de Occidente Categoría:Hispania