José Manuel Mouzo Castiñeira, nado na Coruña en 1966 e finado o 16 de maio de 2021, foi un político do PSdeG-PSOE, que chegou a ser alcalde de Laxe.
Traxectoria Profesional do sector do transporte, empezou a militar en política en 1983, en Esquerda Galega, canda o seu compañeiro Antón Carracedo. Seguindo a Carracedo incorporouse ao PSOE en 1993, e chegou a concelleiro nas eleccións municipais de 2007, con Carracedo como alcalde. Foi concelleiro de cultura e de protección civil ata que en 2015, logo de retirarse Carracedo, encabezou a candidatura socialista. Malia baixar en votos, retivo a alcaldía para o seu partido grazas a un pacto co BNG. Nas eleccións municipais de 2019 a súa lista foi derrotada e abandonou a alcaldía. Porén, continuou como voceiro socialista ata o seu falecemento.
Vida persoal Vivía en Matío (Nande). Casou e tivo dous fillos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Laxe
Categoría:Alcaldes de Laxe Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en 1966 Categoría:Finados en 2021