O posto de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos é un nomeamento competencia do presidente do país, que, consonte a Constitución dos EEUU, require a posterior aprobación do Senado."Presidential Appointee Positions Requiring Senate Confirmation and Committees Handling Nominations". Congressional Research Service.

O cargo de director existe desde a propia creación da Casa da Moeda dos Estados Unidos, mediante a Lei da Moeda do 2 de abril de 1792.Texto da Lei da moeda de 1792. United States Mint. A Lei da Moeda do 12 de febreiro de 1873 limitou a cinco anos a duración do período de dirección da casa da moeda. O director exerce baixo as instrucións xerais do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos.Texto da Lei da cuñaxe de 1873. Library of Congress.

David J. Ryder tomou posesión no posto en abril de 2018, logo de exercelo previamente no bienio 1992-1993."David J. Ryder sworn in as 39th United States Mint Director". En Coins Weekly. 30 de maio de 2018."David J. Ryder Confirmed as 39th U.S. Mint Director". En Coin Week. 23 de marzo de 2018.

Cando o posto de director da US Mint fica vacante, o funcionario de carreira de nivel superior actúa como director interino. Ata o nomeamento de Ryder, a ceca non dispuxera dun director oficial desde a renuncia de Edmund C. Moy en 2011."US Mint Director Edmund Moy Resigns". En Coin Week. 22 de decembro de 2010."US Mint Director Edmund Moy Resigns ". En Coin Update. 21 de decembro de 2010.

Listaxe de directores da US Mint Esta é unha listaxe das persoas que ocuparon o cargo de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, desde a súa creación en 1792 ata a actualidade (indícanse entre parénteses as datas de exercicio):"Former Directors of the United States Mint". United States Mint.

Século XVIII

David Rittenhouse (xullo de 1792 a xuño de 1795), astrónomo, inventor, reloxeiro, matemático, topógrafo, fabricante de instrumentos científicos e funcionario público. En xullo de 1792 converteuse no primeiro director da ceca estadounidense, nomeado polo presidente George Washington.McMorrow-Hernandez, J. (2018). Páxina 18. As primeiras moedas cuñáronse a partir de cubertos cedidos polo propio Washington na mañá do 30 de xullo de 1792, cuñadas á man polo propio Rittenhouse, e fóronlle entregadas a Washingtron como agradecemento pola súa doazón."The Rittenhouse 1792 Half Disme ". American Numismatic Association. A produción de moeda a grande escala non comezou ata o ano seguinte."Coin Production ". United States Mint. Rittenhouse presentou a súa dimisión o 30 de xuño de 1795, polos seus problemas de saúde.Snodgrass, M. E. (2019). Páxina 326. En 1871, o Congreso aprobou a emisión dunha medalla conmemorativa na súa honra."The U. S. Mint & U. S. Bullion Coins". www.free-bullion-investment-guide.com

Henry William de Saussure (xullo de 1795 a outubro de 1795), avogado, lexislador estatal e xurista de Carolina do Sur, convertido en líder político como membro do Partido Federalista, logo da guerra de independencia."DeSaussure, Henry William". South Carolina Encyclopedia. Foi un dos creadores do South Carolina College, antecedente da Universidade de Carolina do Sur.Grant, M. (2013). The Conquest of a Continent. The Palingenesis Project, Wermod and Wermod Pub. Páxina 149. ISBN 978-1-909606-01-2 Ocupou tamén o cargo de alcalde de Charleston"Intendants and Mayors of Charleston". www.charleston-sc.gov e o seu fillo, William Ford de Saussure, foi alcalde de Columbia. Foi nomeado por George Washington como segundo director da US Mint."Mint Director De Saussure's Charleston Home Renovated". En The E-Sylum. Vol. 12. Nº 21. 24 de maio de 2009.

Elias Boudinot (outubro de 1795 a xullo de 1805), avogado, procurador e funcionario implicado na Revolución Americana de 1776. Logo do establecemento do Goberno dos Estados Unidos, Boudinot foi membro da Cámara de Representantes durante seis anos (1789-1795). George Washington nomeouno como director da Casa da Moeda dos Estados Unidos en Filadelfia en outubro de 1795 e ocupou o posto durante case dez anos."Elias Boudinot. American politician". Encyclopaedia Britannica."Boudinot, Elias. 1740-1821". Biographical Dierctory of the United States Congress.

Século XIX

Robert Patterson (xaneiro de 1806 a xullo de 1824), nado nunha granxa irlandesa en 1743, emigrou aos Estados Unidos en 1768 e instalouse en Filadelfia. En 1806, foi nomeado director da casa da moeda polo presidente Thomas Jefferson e ocupou o posto ata 1824, pouco antes da súa morte. Paralelamente a este posto como alto funcionario, a súa vida estivo vinculada ao ensino, e destaca o seu labor como profesor da Universidade de Pensilvania a partir de 1779.McMorrow-Hernandez, J. (2018). Páxina 31.

Samuel Moore (xullo de 1824 a xullo de 1835), orixinario de Pensilvania, foi membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos, como republicano, elixido no décimo quinto congreso,Dodge, A. R.; Koed, B. K. (2005). Biographical Directory of the United States Congress, 1774-2005, Government Printing Office. Páxina 1.611. ISBN 978-0-16-073176-1 e reelixido no décimo sexto, ata a súa dimisión en 1822.United States Congress. (1903). A Biographical Congressional Directory, 1774-1903. U.S. Government Printing Office, Washington. Páxina 702 Presidiu a comisión de asuntos indios desa cámara.United States Congress. (1996). Biographical Directory of the United States Congress, 1774-1996:. CQ Staff Directories. Páxina 1.546. ISBN 0-87289-124-0 O 15 de xullo de 1824, o presidente James Monroe nomeouno director da US Mint, posto que ocupou ata 1835.Domestic and Foreign Coins Manufactured by Mints of the United States. Department of the Treasury, Bureau of the Mint. 1965. Páxina 91.United States Congress. (1961). Biographical Directory of the American Congress, 1774-1961. U.S. Government Printing Office. Páxina 1.352.

Robert M. Patterson (xaneiro de 1835 a xullo de 1851), fillo do que xa fora director da Casa da Moeda dos Estados Unidos unha década antes e cuñado do director anterior, Samuel Moore, Patterson foi nomeado director da ceca polo presidente Andrew Jackson, e o Senado confirmou o nomeamento o 5 de xaneiro de 1835. Ocupou o posto durante máis de 15 anos. Este tipo de relacións familiares entre os altos funcionarios da ceca pública estadounidense foi bastante habitual ata eses momentos."U. S. Mint Medals Presented to Mint Director Robert M. Patterson". NGC Collectors Society. 27 de novembro de 2012.

George Nicholas Eckert (xuño de 1851 a xuño de 1853) foi elixido membro da Cámara de Representantes polo partido Whig, da dereita liberal, no trixésimo congreso. O presidente Millard Fillmore nomeouno director da casa da moeda en Filadelfia en xuño de 1851 e ocupouno ata o 6 de xuño 1853. Eckert finou nesa mesma cidade en 1865.United States Congress. (1961). Biographical Directory of the American Congress, 1774-1961. U.S. Government Printing Office. Páxina 845.

Thomas M. Pettit (abril de 1853 a maio de 1853), nado en Filadelfia o 26 de decembro de 1797, estudou leis na Universidade de Pensilvania, cidade onde desenvolveu a súa carreira como xurista e político. Foi nomeado director da casa da moeda polo presidente Franklin Pierce,"Franklin Pierce (1804-1869)". New Hampshire. www.netstate.com [Nota: nesta referencia cítase como "Petit"] soamente unhas semanas antes do seu falecemento, o 30 de maio de 1853."Thomas McKean Pettit. 1797-1853". University of Pennsylvania. University Archives and Records Center.

James Ross Snowden (xuño de 1853 a maio de 1861). En 1848, Snowden foi nomeado tesoureiro da Casa da Moeda dos Estados Unidos e ocupou tamén o cargo de axudante do secretario do Tesouro, en Filadelfia. En 1853, o presidente Franklin Pierce nomeouno director da institución, posto que ocupou ata maio de 1861."James Ross Snowden". En Medals of the United States Mint issued for public sale. Department of the Treasury. 1972. Páxina 140.

James Pollock (maio de 1861 a setembro de 1866, e maio de 1869 a marzo de 1873). Logo de ocupar diversos postos xudiciais, foi elixido membro da Cámara de Representantes en 1844, durante tres mandatos consecutivos. Foi gobernador de Pensilvania entre 1855 e 1858. Foi nomeado director da US Mint polo presidente Abraham Lincoln en maio de 1861 e permaneceu no posto ata 1866. Posteriormente, volveu ocupar este posto entre 1869 e 1873 por designación do presidente Ulysses Grant. Pollock e o xefe de gravadores da ceca naquel momento, James B. Longacre, foron os responsables da inclusión do lema In God We Trust ("En Deus confiamos") nunha moeda estadounidense, que se mantén na actualidade."Pollock, James. 1810-1890 ". American Numismatic Society.

William Millward (outubro de 1866 a abril de 1867), nado en Filadelfia en xuño de 1922, foi membro da Cámara de Representantes. Millward recibiu o seu nomeamento como director da casa da moeda da man do presidente Andrew Johnson en setembro de 1866, mais o seu nomeamento non chegou a ser confirmado polo Senado, polo que se viu obrigado a abandonar o posto logo de seis meses de servizo. Millward finou o 28 de novembro de 1871."Millward, William. 1822-1871". Biographical Directory of the United States Congress.

Henry Linderman (abril de 1867 a maio de 1869, e abril de 1873 a decembro de 1878), nado o 26 de decembro de 1825, compaxinou o exercicio da medicina coa política. O presidente Andrew Johnson nomeou a Henry Linderman no posto de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos en abril de 1867. Dous anos despois renunciou a ese posto por mor de diverxencias de índole política. Porén, polo seu coñecemento dos asuntos relativos a ese cargo, o secretario do Tesouro logrou convencelo de que aceptase ser nomeado novamente, o que ocorreu en 1873, baixo o mandato de Ulysses Grant, por un mandato de cinco anos.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 144-145.

Horatio C. Burchard (febreiro de 1879 a xuño de 1885). Burchard naceu o 22 de setembro de 1825 e estudou leis no Hamilton College, de Nova York. O presidente Rutherford B. Hayes nomeouno director da ceca pública estadounidense en febreiro de 1879 e novamente Chester A. Arthur confirmouno no cargo en febreiro de 1884. O ano seguinte presentou a súa dimisión para retomar o exercicio da avogacía.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 146.

James P. Kimball (xullo de 1885 a outubro de 1889). O nomeamento do doutor James Kimball no posto de director da US Mint correou a cargo do presidente Grover Cleveland en xullo de 1885 e ocupou o posto ata a súa dimisión en outubro de 1889. Kimball tiña unha grande reputación nos ámbitos científico e técnico, e foi autor de numerosos artigos científicos, tanto nos Estados Unidos como no estranxeiro.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 147-148.

Edward O. Leech (outubro de 1889 a maio de 1893). Antes do seu nomeamento como director, Edward Leech estaba encargado da preparación e da redacción das estatísticas monetarias, que anualmente se publicaban no informe da dirección da casa da moeda. O presidente Benjamin Harrisson designouno como sucesor de Kimbal en outubro de 1889. Leech renunciou formalmente ao seu posto o 1 de xuño de 1893 para asumir a dirección do National Union Bank, en Nova York.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 148-149.

Robert E. Preston (novembro de 1893 a febreiro de 1898). Preston ingresou na US Mint aínda cando esta estaba baixo a dirección de Linderman, en 1873, e desenvolveu nela a súa carreira profesional ascendendo de posto baixo os sucesivos directores, ata que el mesmo acadou a dirección en 1893, por nomeamento do presidente Grover Cleveland. Aínda que deixou o posto en 1898, continuou a traballar na casa da moeda en condición de examinador.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 149-150.