Franz Werner, nado o 15 de agosto de 1867 en Viena, e finado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1939, foi un zoólogo e explorador austríaco especializado en herpetoloxía e entomoloxía, que describiu numerosas especies e outros taxons de anfibios, serpentes, insectos e outros organismos.

Traxectoria Foi seu pai quen lle descubriu, aos seis anos, os réptiles e os anfibios. Brillante estudante, relacionouse pronto con George Albert Boulenger e con Oskar Boettger, que fomentaron o estudo destes animais. Recibiu o seu doutoramento na Universidade de Viena en 1890 e, despois de pasar un ano en Leipzig, comezou a ensinar no Instituto de Zooloxía da Universidade de Viena. En 1919 foi alí profesor de tempo completo, cargo que ocupou até a súa xubilación en 1933.

Mentres traballaba cerca do Museo de Historia Natural de Viena non puido utilizar as coleccións de anfibios e réptiles desta institución até despois da morte do seu director, Franz Steindachner, ao que non lle gustaba Werner e tíñalle prohibido o acceso a estas coleccións. Pero Werner conseguiu formar unha gran colección persoal, e publicou máis de 550 obras, principalmente de herpetoloxía.

Adestrou a moitos científicos, tanto herpetólogos, como entomólogos.

Tamén foi un especialista en ortópteros e en escorpións.

Lista de taxons descritos por Franz Werner Familia: Leptodactylidae (Werner, 1896) Subfamilia: Leptodactylinae (Werner, 1896) Xénero: Astylosternus (Werner, 1898)

Especies Peixes Himantura schmardae (Werner, 1904) Neobola nilotica Werner, 1919 Anfibios

Salamánigas Bolitoglossa dofleini (Werner, 1903) Bolitoglossa palmata (Werner, 1897)

Cecílidos Crotaphatrema bornmuelleri (Werner, 1899)

Réptiles

Insectos Creobroter fasciatus (Werner, 1927)

Honores Epónimos

Algunhas publicacións 1896. "Über einige Reptilien aus Usambara (Deutsch-Ostafrika)". Verhandlungen der Kaiserlich-Königlichen Zoologisch-Botanischen Gesellschaft in Wien, 45: 190–194. 1899. "Ein neues Chamaeleon aus Madagascar (Chamaeleon axillaris)". Zool. Anz. '22: 183–184. 1902. "Prodromus einer Monographie der Chamäleonten". Zool. Jahrb. Syst. 15: 295–460. 1911. Das Tierreich - Chamaeleonidae. Berlín: Walter de Gruyter.

Abreviatura A abreviatura Werner empprégase para recoñecer a Franz Werner como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

Bibliografía Kraig Adler, ed. (2007): Contributions to the History of Herpetology. Volume 2. Society for the Study of Amphibians and Reptiles. ISBN 978-0-9169-8471-7.

Categoría:Científicos de Austria Categoría:Herpetólogos de Austria Categoría:Entomólogos de Austria Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Profesores da Universidade de Viena Categoría:Nados en Viena Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1939