Anguis colchica é unha especie de réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos,Anguis colchica (Nordmann, 1840) no ITIS. Consultado o 31 de maio de 2012. unha das cinco comprendidas dentro do xénero Anguis.Anguis en The Reptile Database. Consultada o 21 de maio de 2012.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1840 polo botánico, zoólogo e paleontólogo finlandés de orixe sueca e súbdito do Imperio ruso Alexander von Nordmann, baixo o nome de Otophis eryx var. colchica.Anguis colchica (Nordmann, 1840) no GBIF. Consultado o 21 de maio de 2021.Anguis colchica (Nordmann, 1840) en The Reptile Database. Consultada o 21 de maio de 2021.

Etimoloxías Para a do xénero, véxase Anguis.

O epíteto específico, colchica, é o nominativo feminino do adxectivo latino colchĭcus, -a, -um, "da Cólquida, rexión de Asia Menor".Colchĭcus en Charlton T. Lewis & Charles Short (1879): A Latin Dictionary. New York: Harper and Brothers. ISBN 978-1-9998-5578-9.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tmen polos sinónimos:

Anguis incerta Krynicki, 1837 Anguis fragalis var. colchica Werner, 1903 Anguis fragilis colchicus Roitberg et al., 2000 Nome incorrecto gramaticalmente, Anguis e feminino, e colchicus masculino. Anguis fragilis colchicus Bischoff, 2002 Anguis fragilis colchicus Sos, 2007 Anguis fragilis colchicus Rastegar-Pouyani et al., 2008 Anguis fragilis colchica Razzetti et al. in Zuffi, 2006 Anguis colchica Jablonski & Meduna, 2010 Anguis colchica incerta Jablonski & Meduna, 2010 Anguis colchica colchica Gvoždík et al., 2010 Anguis colchica incerta Gvoždík et al., 2010 Anguis colchica orientalis Gvoždík et al., 2010 Otophis eryx var. colchica Nordmann, 1840 (protónimo)

Notas taxonómicas Esta especie foi considerada durante moito tempo unha subespecie de Anguis fragilis. Hoxe considérase unha especie separada.<ref name=Gv>Gvoždík, Jandzik, Lymberakis, Jablonski & Moravec (2010): "Slow worm, Anguis fragilis (Reptilia: Anguidae) as a species complex: Genetic structure reveals deep divergences". Molecular Phylogenetics and Evolution 55''' (2): 460-472.</ref>

Gvoždík et al. distinguen seis grupos xenéticos no xénero Anguis: Anguis cephallonica, Anguis fragilis, Anguis graeca, Anguis colchica colchica, Anguis colchica incerta e Anguis colchica orientalis.

Características A lonxitude total desta especie alcanza até os 59 cm (a cabeza e o tronco, até os 29 cm). As femias son un pouco máis grandes que os machos. Os animais novos teñen unha lonxitude total de 6 a 12 cm. O corpo é alongado, sepentiforme, sen patas. Case sempre se ve unha abertura do oído externo. No medio do corpo hai de 26 a 30 fileiras lonxitudinais de escamas. As femias teñen as partes superiores claras de cor chumbo, que destacan dos flancos máis escuros e, normalmente, presentan unha liña traseira escura. Os machos teñen a cabeza máis grosa que as femias. Son de cor agrisada, parda clara ou parda avermellada nas partes superiores, e non son tan ricos en contraste como as femias ou os animais novos; a miúdo carecen da liña central, pero adoitan ter pequenas pregas no lado superior, que son moito máis raras nas femias. Os animais novos son moi claros nas partes superiores, de cor de case esbrancuxada a amarelada pálida, dourada ou gris prateada, e teñen marcas marróns escuras en forma de bágoa e unha liña estreita de cor marrón negra.

Distribución xeográfica Anguis colchica encóntrase en Bulgaria, Eslovaquia, Lituania, Polonia, República Checa, Romenia, Rusia, en Europa, e en Irán.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Glandt, Dieter (2015): Die Amphibien und Reptilien Europas: Alle Arten im Porträt. 2. Wiebelsheim: Quelle & Meyer Verlag. ISBN 978-3-494-01581-1, pp. 329–330.

Outros artigos Ánguidos Anguis''

Categoría:Saurópsidos Categoría:Réptiles de Europa Categoría:Réptiles de Asia Categoría:Animais descritos en 1840