Anxo Xoán Rajó Pazó, nado en Vigo o 23 de setembro de 1973, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Comezou Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo e rematou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.
Impartiu clases de Lingua Galega e Literatura en varios institutos galegos, pasando a Baiona en 2022 no CPI Cova Terreña.
Foi coordinador de literatura na Enciclopedia Galega Universal (EGU) e coordinador xeral do Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU) en Ir Indo Edicións.
Colaborou na revista da Sociedade para o Estudo e a Conservación do Patrimonio Natural e Etnográfico de Galicia.
É membro da fundación Premios da Crítica Galicia. Colabora coa Aula Castelao de Filosofía e coa Asociación Maragatacasa, centro interpretativo sobre os maragatos en Lourenzá.
Editou no Centro Ramón Piñeiro Contos do turreiro de Avelino Rodríguez Elías. Tamén colaborou no Diccionario de galego de Ir Indo.
Publicacións
Ramón Otero Pedrayo (2009 ). Vigo: Ir Indo, Galegos na Historia. 64 páxs. ISBN 978-84-76806418. Xela Arias. Poeta e tradutora (2021). Vigo: Ir Indo. 100 páxs. ISBN 978-84-7680-759-0. miniatura|Presentación de Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura en Bueu, maio 2023. O autor con Xelasio Suárez e Anxo González Guerra. Organizador: Libraría Miranda.Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura (2023). Con Xosé Luís Franco Grande. Vigo: Ir Indo. ISBN 987-84-7680-777-4. Anxo Xoán Rajó actualiza e amplía a edición feita en 2000 por Franco Grande. Luísa Villalta. A música e a poesía na mesma persoa (2024). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-84-7680-787-3.
Publicacións colectivas
Unidade didáctica de Cabo Udra: documento educativo centrado nos principais valores deste espazo medioambiental da Rede Natura 2000 (2009). Vigo: Estela D.L. Con Miguel A. Fernández-Martínez e Álvaro Castro Baliña. Mergúllate en Ons!: documento educativo centrado nos principais valores deste espazo natural pertencente ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (2011). Vigo: Estela D.L. 54 páxs. Con Miguel A. Fernández-Martínez. Natureza nos camiños de Pontevedra (2011). Vigo: Estela D.L. 72 páxs. ISBN 978-84-939724-2-4. Con Miguel A. Fernández-Martínez e Esther Gómez Álvarez. Guía de campo da natureza dos camiños de Galicia (2011). Vigo: Estela D.L. 72 páxs. ISBN 978-84-939724-0-0. on Miguel A. Fernández-Martínez. Guía dos nosos bosques (2011). Vigo: Estela D.L. 72 páxs. ISBN 978-84-939724-1-7. Con Álvaro Castro Baliña.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Anxo Xoán Rajó en YouTube Anxo Xoán Rajó en Facebook
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega