O atletismo é un deporte que forma parte do programa oficial olímpico dende os primeiros xogos disputados en Atenas en 1896 e conforma xunto coa natación, o ciclismo, a ximnasia e a esgrima os cinco deportes que sempre estiveron presentes en todas as edicións olímpicas.

Nun principio un deporte de homes, nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam (nos Países Baixos) comezou a competición feminina.

O gran dominador deste deporte é os Estados Unidos de América, seguidao a moita distancia pola Unión Soviética, o Reino Unido e Finlandia.

Véxase tamén

Ligazóns externas Resultados de atletismo

Categoría:Atletismo nos Xogos Olímpicos