O boxeo é un deporte que forma parte do programa oficial dende os Xogos Olímpicos de 1904 celebrados en Saint Louis (nos Estados Unidos de América), e dende aquel intre formou parte de tódolos xogos agás en 1912, realizados en Estocolmo.O boxeo non foi incluído no programa olímpico do ano 1912, xa que as leis suecas daquela época prohibían a súa práctica no país. Historicamente, foi un deporte practicado soamente na categoría masculina, mais na edición de 2012, que se realizou en Londres (no Reino Unido), incorporouse a competición feminina en tres clases.
O gran dominador deste deporte é os Estados Unidos de América, seguidos a distancia por Cuba, e en menor medida, o Reino Unido e Italia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Resultados de boxeo
Categoría:Boxeo nos Xogos Olímpicos