Alexander von Nordmann, nado en Kotka, Gran Ducado de Finlandia, o 24 de maio de 1803, e finado en Helsinqui, foi un biólogo finlandés de orixe sueca, e súbdito do Imperio ruso, que contribuíu notablemente á zooloxía, especialmente á parasitoloxía, a botánica, así como a paleontoloxía.Leikola, A. (2001): [https://kansallisbiografia.fi/kansallisbiografia/henkilo/3571 "Nordmann, Alexander von (1803-1866) - eläintieteen professori, todellinen valtioneuvos". Kansallisbiografia. SKS Biografiakeskus.David M. Damkaer (2002):) "Copepods decoded". En The Copepodologist's Cabinet: A Biographical and Bibliographical History, Volume 1. Memoirs of the American Philosophical Society, Volume 240. American Philosophical Society. ISBN 978-0-87169-240-5, pp. 253–271.
Traxectoria Nordmann era fillo de David Anton von Nordmann, un oficial do exército ruso desrinado na fortaleza de Ruotsinsalmi, preto de Kotka, no sueste de Finlandia. Comezou os seus estudos académicos na Academia Imperial de Turku e, nese momento, tamén actuou como conservador das coleccións entomolóxicas. En 1827 continuou os seus estudos en Berlín co famoso parasitólogo e anatomista Karl Rudolphi. O seu primeiro traballo importante foi a descrición microscópica de decenas de vermes parasitos e crustáceos, dos ollos e outros órganos de peixes e outros animais, incluído o home. Entre eles figuraba o enigmático platihelminto monoxéneo Diplozoon paradoxum.
En 1832 publicou un traballo no que describe setenta especies de helmintos (vermes) parasitos do home e doutros vertebrados. Pasou a ser, o 22 de xaneiro dese mesmo ano, profesor de historia natural no "Liceo Richelieu" de Odesa. Visitou, en 1833, Crimea, e casou coa súa prima Anna Helen Blunk. En 1834 obtén o posto de conservador das árbores froiteiras e das plantas ornamentais do Xardín botánico de Odesa, e da Escola Central de Xardinaría a el asociada. Participou en varias expedicións e recolleu exemplares de historia natural no sur de Rusia e rexións adxacentes. Máis tarde, en 1849, foi nomeado profesor de Zooloxía e Botánica na Universidade Imperial Alexander de Finlandia (Universidade de Helsinqui). Morreu de insuficiencia cardíaca o 25 de xuño de 1866.
Algunhas publicacións Mikrographische Beiträge zur Naturgeschichte der wirbellosen Thiere I - II. Berlin 1832 Voyage dans la Russie méridionale et la Crimée, par la Hongrie, la Valachie et la Moldawie, exécuté en 1837, sous la Direction de M. Anatole de Demidoff. III. Observations sur la Faune pontique. París 1840 Histoire naturelle des animaux sans vertèbres. III. Entozoa. París 1840 Versuch einer Natur- und Entwickelungsgeschichte des Tergipes Edwardsii. - Mémoires présentés à l'Académie Impériale des Science de St. Petersbourg IV. St. Petersburg 1845 Palaeontologie Südrusslands I - IV. 1858 - 1860
Honores Membro da Academia Leopoldina, sección Zooloxía, ano 1855.Alexander D. von Nordmann na páina web da Leopoldina. Membro da Academia Real de Medicina de Bélxica
Epónimos O cladócero Evadne nordmanni, o abeto de Nordmann ou abeto do Cáucaso (Abies nordmanniana) Spach,Hist. Nat. Vég. (Spach) 11: 418. 1841 [1842, publ. 25 de dec. 1841] (IK). e polo menos outras sete especies e un xénero (Nordmannia) recibiron o seu nome na súa honra.
Abreviaturas A abreviatura Nordm. emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.Nordm. – Alexander (Davidovič) von Nordmann (1803-1866) no IPNI. A abreviatura Nordmann emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Eckart, Roloff (2010): "Nordmann – der Name passt perfekt. Die Tanne, die nach Alexander von Nordmann benannt ist, brachte es zum populärsten Weihnachtsbaum. Er selbst ist heute fast vergessen. Wer war dieser Mann?" En: Landwirtschaftliche Zeitschrift Rheinland, 177 (51): 53–54. Fischer von Waldheim, Gotthelf (1842): "Glareola Nordmannni, Fisch. (Brief des Hrn. v. Nordmann an den Vizepraesidenten der Gesellschaft)". En: Bulletin de la Société impériale des naturalistes de Moscou 15: 314–320.
Ligazóns externas Alexander Davidovich von Nordmann (24 de maio de 1803 – 1866) .
Categoría:Científicos de Finlandia Categoría:Botánicos de Finlandia Categoría:Zoólogos de Finlandia Categoría:Profesores da Universidade de Helsinqui Categoría:Nados en Kotka Categoría:Nados en 1803 Categoría:Finados en 1866