Edwin H. McConkey é un zoólogo estadounidense.

Traxectoria McConkey obtivo os títulos de BS (1949) e MS (1951) na Universidade de Florida en Gainesville, e o doutoramento na Universidade de California en Berkeley en 1960, onde o seu interese pola historia natural transformouse pola bioloxía molecular. Fixo un traballo posdoutoral con Jean Brachet en Bélxica, e outro con J. D. Watson en Harvard. Ingresou na Universidade de Colorado en 1966 onde traballou na síntese de proteínas durante moitos anos, despois dos cales a xenética humana dominou a súa docencia e investigación. É autor, entre outras publicacións, dun libro de texto, Human Genetics: The Molecular Revolution (Xenética humana: a revolución molecular). Nos últimos anos estivo interesado en estudar a evolución do xenoma humano. A súa investigación céntrase en analizar as rexións do cromosoma humano 18 que estiveron implicadas nunha inversión pericéntrica despois de que a liñaxe humana se separara do último antepasado común cos chimpancés. Tamén estivo activo na organización de esforzos para establecer un proxecto internacional de evolución do xenoma humano.Na actualidade (2021) é profesor emérito no Departamento de Bioloxía Molecular, Celular e do Desenvolvemento da Universidade de Colorado en Boulder.Edwin H. McConkey en Center for Academic Research and Training in Anthropogeny. Consultada o 28 de maio de 2021.

Contribuciós á taxonomía Entre as súas contribucións á taxonomía inclúense a descrición orixinal da especie Anguis incomptus (=Ophisaurus incomptus), e da subespecie Plestiodon egregius similis.

Algunhas publicacións A Systematic Study of the North American Lizards of the Genus Ophisaurus. University of Florida, 1951. "A New Lizard of the Genus Ophisaurus from Mexico". Natural history miscellanea 145. Chicago Academy of Sciences, 1955. Protein Synthesis: A Series of Advances. 2 Vol. M. Dekker, 1971, ISBN 978-0-8247-1459-8. Human Genetics: The Molecular Revolution. Jones & Bartlett Learning, 1993, ISBN 978-0-8672-0854-2. How the Human Genome Works. Jones & Bartlett Learning, 2004, ISBN 978-0-6372-3842-3.

Abreviatura A abreviatura McConkey emprégase para recoñecer a como autoridade na desrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas University of Colorado Boulder. Molecular, Cellular & Developmental Biology.

Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Xenetistas Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Profesores da Universidade de Colorado Categoría:Nados en 1931