Ophisaurus é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos anguimorfos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos.Ophisaurus Daudin, 1803 no ITIS.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1803 polo zoólogo francés, especializado en ornitoloxía e herpetoloxía, François Marie Daudin, na súa obra Histoire Naturelle, Générale et Particulière des Reptiles; Ouvrage faisant suite aux Œuvres de Leclerc de Buffon, et partie du Cours complet d'Histoire naturelle rédigé par C.S. Sonnini, membre de plusieurs Sociétés savantes. Tome septième. París: F. Dufart. (Ophisaurus, novo xénero, p. 346). Texto completo dixitalizado.
Etimoloxía O nome científico Ophisaurus está formado pola unión dos elementos do latín científico ophi- e -saurus, ambos os dous derivados de termos do grego antigo; o primeiro de ὄφις óphis, "serpente", e o segundo de σαῦρος saữros, "lagarto".Ophisaurus no Merriam-Webster Dictionary. Literalmente, "os lagartos-sepente".
Especies O xénero integra as seguintes seis especies: Ophisaurus attenuatus Baird in Cope, 1880 Ophisaurus ceroni Holman, 1965 Ophisaurus compressus Cope, 1900 Ophisaurus incomptus McConkey, 1955 Ophisaurus mimicus Palmer, 1987 Ophisaurus ventralis (Linnaeus, 1766)
Notas taxoxómicas The Reptile Database só considera dúas especies no xénero, Ophisaurus ceroni e O. incomptus.Genus Ophisaurus en The Reptile Database. Numerosos autores consideran a especie Anguis incomptus (McConkey, 1955) incluída no xénro Anguis, pero moitos outros considaran esra inclusión invádida, e que está integrada no xénero Ophisaurus, como Ophisaurus incomptus McConkey, 1955, como quedou dito.Ophisaurus incomptus McConkey, 1955 en The Reptile Database.Anguis incomptus (McConkey, 1955) no ITIS.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Arnold, E. N. & Burton, J. A. (1978): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-488-8, pp. 174-175. Glandt, Dieter (2015): Die Amphibien und Reptilien Europas. Alle Arten im Porträt. Wiebelsheim: Quelle & Meyer Verlag. ISBN 978-3-4940-1581-1, pp. 322–327.
Outros artigos Escamosos Ánguidos
Ligazóns externas Daniela Dick (22 de novembro de 2016): "Namen und Verbreitung der Blindschleiche" .
Categoría:Saurópsidos