Community é unha serie de televisión estadounidense de comedia de situación creada por Dan Harmon. A serie componse de 110 episodios en seis tempadas, as cinco primeiras emitidas a través de NBC dende o 17 de setembro de 2009 até o 17 de abril de 2014, e a tempada final en Yahoo! Screen dende o 17 de marzo até o 2 de xuño de 2015. A historia está ambientada nunha universidade comunitaria na vila ficticia de Greendale, en Colorado. A serie está protagonizada por Joel McHale, Gillian Jacobs, Danny Pudi, Yvette Nicole Brown, Alison Brie, Donald Glover, Ken Jeong, Chevy Chase e Jim Rash. Caracterízase polo uso do meta-humor e de referencias da cultura popular, rendendo homenaxes a clichés e tropos de filmes e series de televisión.

Personaxes Joel McHale como Jeff Winger Gillian Jacobs as Britta Perry Danny Pudi como Abed Nadir Yvette Nicole Brown como Shirley Bennett Alison Brie como Annie Edison Donald Glover como Troy Barnes Ken Jeong como Ben Chang Chevy Chase como Pierce Hawthorne Jim Rash como Craig Pelton

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2009 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2015