Marta Domínguez Fernández, nada o 2 de agosto de 2001 en Vigo, é unha xogadora de squash galega.

Traxectoria Marta Domínguez debutou coa selección española en 2019 no Campionato de Europa, onde xogou un partido. Xogou no PSA World Tour por primeira vez en 2020. En 2021 converteuse en campioa de España tras derrotar na final a Cristina Gómez. . En decembro de 2021 logrou o seu primeiro título PSA no Rocafort Open ao vencer á favorita, a francesa Marie Stephan. En agosto de 2022 quedou cuarta no Campionato de Europa de Squash e en novembro logrou a medalla de bronce no Campionato do Mundo Universitario que se celebrou en Exipto . En decembro de 2022 era a número 71 do mundo .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Marta Domínguez no PSA World Tour Perfil de Marta Domínguez en Squashinfo.com

Categoría:Deportistas de Galicia Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Xogadores de squash de Galicia