miniatura|400px|Numerais muiscas. A numeración muisca foi o sistema de numeración empregado polos muiscas. Ó igual que os maias, os muiscas tiñan un sistema de numeración vixesimal, baseado nos múltiples de vinte (en muisca: gueta). Os numerais muiscas baseábanse na conta dos dedos das mans e dos pés. Tiñan números específicos do un ata o dez, e os números entre o once e dezanove usaban o sistema "pé un" (11) a "pé nove" (19). O número 20 era o número 'perfecto' para os muiscas, o cal é visible no seu calendario. Para calcular números maiores de 20 usaban múltiplos do seus número 'perfecto'; gue-muyhica sería "20 veces 4", ou 80. Para describir o "50" usaban "20 veces 2 máis 10"; gue-bosa asaqui ubchihica, transcrito como guêboʒhas aſaqɣ hubchìhicâ.1619 - Muisca numbers according to Bernardo de Lugo - consultado o 29 de abril de 2016 No seu calendario, que era lunisolar, só contaban do un ao dez e vinte. Cada número tiña un significado especial, relacionado cos seus deuses e certos animais, especialmente os abondosos sapos.Izquierdo, 2009, p.30
Para a representación dos seus números usaron díxitos inspirados no seu contorno natural, especialmente sapos; ata ("un") e aca ("nove") derivan destes animais tan abondosos na sabana de Bogotá e noutras partes do Altiplano Cundiboyacense onde os muiscas vivían na súa confederación.
Os estudosos máis importantes que achegaron coñecemento sobre os números muiscas foron Bernardo de Lugo (1619), Pedro Simón (século XVII), Alexander von Humboldt e José Domingo Duquesne (finais do século XVIII e comezos do XIX) e Liborio Zerda.Humboldt, 1807, Part 1Humboldt, 1807, Part 2Humboldt, 1807, Part 3Duquesne, 1795Zerda, 1883
Numerais Os muiscas usaron un sistema de numeración vixesimal e contaron principalmente cos dedos das súas mans e secundariamente coas dedas dos pés. O seu sistema pasou de 1 a 10 e para numeracións máis altas empregaron o prefixo quihicha ou qhicha, que significa "pé" na lingua muisca Muysccubun. Once converteuse así en "pé un", doce: "pé dous", etc. Ao igual que outras civilizacións precolombianas, o número 20 era especial. Os muiscas tiñan dúas maneiras de expresar o número vinte: "pé dez"; quihícha ubchihica ou a palabra exclusiva gueta, derivada de gue, que quere dicir "casa". Os número entre 20 e 30 cóntanse así gueta asaqui ata ("vinte máis un"; 21), gueta asaqui ubchihica ("vinte máis dez"; 30). Os números maiores eran contados como múltiplos de vinte; gue-bosa ("20 veces 2"; 40), gue-hisca ("20 veces 5"; 100).
Números do 1 até o 10, e o 20
Número Humboldt, 1807 De Lugo, 1619 Díxitos muiscas 1 ata center|300px 2 bozha / bosa boʒha 3 mica 4 mhuyca / muyhica mhuɣcâ 5 hicsca / hisca hɣcſcâ 6 taaTaa on Muysccubun Dictionary 7 qhupqa / cuhupqua qhûpqâ 8 shuzha / suhuza shûʒhâ 9 aca 10 hubchibica / ubchihica hubchìhicâ 20 quihicha ubchihicagueta qhicħâ hubchìhicâguêata
Números maiores
Número Humboldt, 1807 De Lugo, 1619 11 quihicha ata qhicħâ ata 12 quihicha bosa qhicħâ boʒha 13 quihicha mica qhicħâ mica 14 quihicha mhuyca qhicħâ mhuɣcâ 15 quihicha hisca qhicħâ hɣcſcâ 16 quihicha ta qhicħâ ta 17 quihicha cuhupqua qhicħâ qhûpqâ 18 quihicha suhuza qhicħâ shûʒhâ 19 quihicha aca qhicħâ aca 20 gueta guêata 21 guetas asaqui ata guêatas aſaqɣ ata 30 guetas asaqui ubchihica guêatas aſaqɣ hubchìhicâ 40 gue-bosa guêboʒha 50 gue-bosa asaqui ubchihica guêboʒhas aſaqɣ hubchìhicâ 60 gue-mica guêmica 70 gue-mica asaqui ubchihica guêmicas aſaqɣ hubchìhicâ 80 gue-muyhica guêmhuɣcâ 90 gue-muyhica asaqui ubchihica guêmhuɣcâs aſaqɣ hubchìhicâ 99 gue-muyhica asaqui quihicha aca guêmhuɣcâs aſaqɣ qhicħâ aca 100 gue-hisca guêhɣcſcâ 101 gue-hisca asaqui ata guêhɣcſcâs aſaqɣ ata 110 gue-hisca asaqui hubchihica guêhɣcſcâs aſaqɣ hubchìhicâ 120 gue-ta guêta 150 gue-muyhica asaqui hubchihica guêqhûpqâs aſaqɣ hubchìhicâ 199 gue-aca asaqui quihicha aca guêacas aſaqɣ qhicħâ aca 200 gue-ubchihica guêhubchìhicâ 250 gue-quihicha bozha asaqui hubchihica guêqhicħâ boʒhas aſaqɣ hubchìhicâ 300 gue-chihica hisca guêqhicħâ hɣcſcâ 365 gue-chihica suhuza asaqui hisca guêqhicħâ shûʒhâs aſaqɣ hɣcſcâ 399 gue-chihica aca asaqui quihicha aca guêqhicħâ acas aſaqɣ qhicħâ aca
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Lingua muisca Categoría:Sistemas de numeración Categoría:Pobo muisca