Alberto Seoane Alcaraz, nado na Coruña o 29 de xuño de 1987, é un deportista galego de tenis de mesa adaptado. Traxectoria Pacede a síndrome TAR polo que carece de cúbito e radio. Comezou a xogar a pimpón no Colexio Compañía de María da Coruña, onde estudaba, pasando despois a adestrar no Club do Mar de San Amaro, unha sociedade recreativa coruñesa.
Compatibilizou o seu desempeño deportivo co estudo da licenciatura de Ciencias económicas na Universidade da Coruña, reprensentándoa nos campionatos interuniversitarios de España de 2008 e 2009 e nos Xogos Deportivos Galaico-Durienses de 2008. Foi campión galego por equipos sub 23 en 2010 e dúas veces campión do mundo por equipos (en 2014 e 2017). Clasificado para os Xogos Paralímpicos de Río en 2016 acadou dobre diploma paralímpico. Foi galardoado co Premio UDC Deportes en 2017, a decisión foi tomada por unanimidade polo xurado que valorou os "éxitos acadados durante a súa traxectoria deportiva e especialmente na preparación paralímpica". En 2021, adestra no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat del Vallès. Ademais, combina a súa carreira deportiva con charlas en centros educativos e, dentro do programa CAR Speakers, a empresas sobre valores asociados ao deporte como o compromiso e a superación. Tamén colabora con Teledeporte. En 2022, proclamouse campión de España en clase 6 de tenis de mesa adaptado.
Palmarés
Campión individual clase 6 Spanish Open en 2018 Campión do mundo por equipos clase 6 en 2017 Dobre diploma paralímpico nos Xogos de Río en 2016 Campión individual clase 6 do Slovakia Open en 2014 Campión do mundo por equipos clase 7 en 2014 Campión galego por equipos sub 23 en 2010.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tenis de mesa Xogos Paralímpicos
Ligazóns externas Páxina web de Alberto Seoane Ficha de resultados de Alberto Seoane no Comité Paraolímpico Internacional Ficha de resultados de Alberto Seoane no Comité Paraolímpico Español
Categoría:Nados na Coruña
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Paralímpicos de Galicia Categoría:Tenis de mesa Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes