Ute Wartenberg Kagan, nada en 1963 en Saarbrücken, no Sarre, é unha numismática alemá especializada na moeda da Antiga Grecia, vinculada ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e á American Numismatic Society.
Traxectoria Wartenberg é natural do Sarre, en Alemaña, onde recibiu a súa primeira educación. Entre 1982 e 1985 cursou os seus estudos superiores de Historia Antiga na Universidade do Sarre en Saarbrücken, con especialidade en numismática, filoloxía grega e arqueoloxía clásica. Nesta etapa universitaria frecuentou eventos relacionados coa numismática e coñeceu especialistas nesa área, como Ursula Kampmann ou Dietrich Klose.
Logo da consecución dunha bolsa Cecil Rodes de posgrao, en 1987 ingresou na Universidade de Oxford, na que en 1990 acadou o seu doutoramento en Literatura Clásica, cunha tese sobre a materia da papiroloxía titulada Some papyri from Oxyrhynchus.Kampmann, U. (2019). "Ute Wartenberg Resigns as Executive Director of the ANS". En Coins Weekly. 24 de outubro. "Wartemberg, U. (1990). Some papyri from Oxyrhynchus. Thesis/dissertation. D. Phil. University of Oxford. En Oxford exerceu tamén a docencia de lingua e literatura gregas.
En 1991, logo do súpeto falecemento de Martin Price, ingresou como conservadora de moeda da Antiga Grecia no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, posto que ocupou durante sete anos."Ute Wartenberg Becomes First Female ANS President". En Coins Weekly. 5 de novembro de 2020."Ute Wartenberg Kagan". The British Museum. Nese período, a Academia Británica encomendoulle o desenvolvemento dun sistema para a dixitalización de coleccións para a serie Sylloge Nummorum Graecorum.
En 1998 abandonou o Museo Británico logo do ofrecemento da American Numismatic Society para se facer cargo da súa dirección executiva, cargo que ocupou ata o 1 de novembro de 2019. En 2021 foi nomeada presidenta desta entidade."Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society". American Numismatic Society."Press Release: Ute Wartenberg steps into Syd Martin’s role as ANS President". American Numismatic Society. 30 de outubro de 2020.
Nesta súa etapa nos Estados Unidos, Wartenberg foi membro do Departamento de Estudos Clásicos da Universidade Columbia, en Nova York. Nese país foi conservadora de diversas coleccións numismáticas, como a colección Amastris, e participou como asesora experta como directiva en diversos comités, para organismos como o Congreso dos EEUU e a secretaría do Tesouro."ICOMON Board Members". International Committee for Money and Banking Museums. Así mesmo, foi a organizadora de exposicións tan salientables como Drachmas, Doubloons and Dollars: The History of Money, celebrada en 2002 no Banco da Reserva Federal de Nova York."Ute Wartenberg Kagan ". American Numi smatic Society.
En 2015 foi elixida membro do comité de dirección do Consello Internacional de Numismática, como editora internacional do boleín INC News."Committee of the INC ". International Numismatic Council."INC News ". International Numismatic Council. Desde 2019 ata 2022 presidiu o Comité Internacional para os Museos Monetarios e Bancarios (ICOMON), que forma parte do Consello Internacional de Museos (ICOM), da UNESCO.
Desde 2008 forma parte da Sociedade de Anticuarios de Londres."Dr Ute Wartenberg Kagan". Society of Antiquaries of London.
Como investigadora, centra o seu interese na economía da Antiga Grecia, nas primeiras cuñaxes gregas da época arcaica e na moeda do Imperio Aqueménida, en particular no papel das primeiras emisións monetarias en electro e en prata durante o século VI a. de C. Desde 1991 está involucrada no proxecto Coin Hoards, dedicado á compilación de información sobre achados monetarios da Antiga Grecia, xunto con Andrew Meadows.
Recoñecementos 2002: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 2015: Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, da GIG."GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte."Ute Wartenberg wird mit dem Ehrenpreis der CIG ausgezeichnet". En Münzenwoche. 23 de xullo de 2015. 2024: Premio Burnett Anderson Memorial, da American Numismatic Society, de Nova York."Burnett Anderson Award to Ute Wartenberg Kagan at the ANA’s World Fair of Money ". American Numismatic Society (Numismatics.org).
Publicacións Esta é unha escolma das publicacións de Ute Wartenberg máis representativas da súa traxectoria:"Wartenberg, Ute". WorldCat Identities."Wartenberg, Ute ". Digital Library Numis."Ute Wartenberg". Academia.edu
(1994). Coin hoards. Vol. VIII: Greek hoards (con M. J. Price). Royal Numismatic Society, Londres. (1995). After Marathon: war, society, and money in fifth-century Greece. British Museum, Londres. ISBN 9780714108827 (1997). The Oxyrhynchus papyri. Part LXIV (con E. W. Handley). British Academy / Egypt Exploration Society. ISBN 9780856981296 (2002). Coin hoards. Vol. IX: Greek hoards (con A. Meadows). Royal Numismatic Society, Londres. (2010). Coin hoards. Vol. X: Greek hoards (con O. D. Hoover e A. Meadows). ANS, Nova York / RNS, Londres. ISBN 9780897223157 (2017). Coins, artists, and tyrants: Syracuse in the time of the Peloponnesian War (con W. Fischer-Bossert et al.). American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897223416 (2020). White gold: studies in early electrum coinage (con P. G. van Alfen). American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897223492 (2021). Numismatic Antiquarianism Through Correspondence 16th 18th Centuries (con F. de Callataÿ). American Numismatic Society. ISBN 9780897223683
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico American Numismatic Society
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Sarre Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:American Numismatic Society Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Alumnos da Universidade do Sarre Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Profesores da Universidade de Columbia