Antón Axeitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi, nado en Castiñeiras (Ribeira) o 27 de novembro de 1969, é un artista polifacético galego.

Traxectoria

Heredeiros da Crus Foi patrón maior de barco e traballou no mar durante cinco anos. En 1992 xuntou a varios mozos da contorna para crear Heredeiros da Crus. Comezaron ensaiando nun galiñeiro e ese mesmo ano deron o seu primeiro concerto na festa da Dorna. En 1994 gravaron o primeiro disco, A cuadrilla de Pepa a loba. Durante os dez anos seguintes gravaron sete discos máis e deron concertos por toda Galicia e fóra dela. Convertéronse nunha banda referente do rock galego e en lingua galega.

Separación e novos proxectos En 2005 os membros de Heredeiros separáronse, despois de Tonhito anunciar que deixaba a banda. Xunto a outros músicos portugueses creou o grupo A Banda de Poi, coa que sacou un único disco, Mór. Tras numerosos problemas o grupo disolveuse pouco despois. En 2007 emprendeu un novo proxecto con Tonecho España e os portugueses Poni e Hugo Machado, chamado Tonhito de Poi e Rasa Loba.http://www.myspace.com/rasaloba Con este grupo sacou o disco Instinto.

Regreso dos Heredeiros En 2012 os Heredeiros da Crus anunciaron a súa reunión para un concerto na discoteca LP-45 de Ordes. As 3.500 entradas esgotáronse en 48 horas e o concerto foi un grande éxito. O que ía ser un único concerto de reunión acabou por converterse nunha xira e na volta definitiva da banda, que continúa en activo. Publicaron dous novos discos e xiraron de novo por toda Galicia e fóra dela (Madrid, Barcelona, Bilbao ou Ponferrada foron algúns dos lugares onde actuaron).

En paralelo aos Heredeiros, Tonhito sacou en 2013 o libro-disco en solitario O soro da verdade, que recolle as vivencias durante a súa viaxe ás selvas da Amazonía. Sobre esta viaxe tamén realizou un documental, O Despertar da Anaconda. Ese ano tamén retomou A Banda de Poi para unha serie de concertos cunha nova formación. Acompañárono esta vez Pulpiño Viascón, Quique Otero e Pablo Pérez.

En 2019 publicou un novo libro-disco en solitario, Non hai onde esconderse, con colaboracións de Cuchús Pimentel, Rubén Reinaldo e Lucía Pérez.

Radio e televisión Fóra da música, Tonhito tamén se adicou a outros ámbitos do audiovisual, como a radio e a televisión. Traballa na Radio Galega dende 1995 e como actor. Interpretou a Xan Rei na serie Rías Baixas da TVG. Tamén participou no programa Con perdón e foi guionista do Show dos Tonechos e de Land Rober. Fundou a súa propia produtora, "Cabezas Quentes", e tivo unha pequena participación no programa Entre familias anda o xogo, presentado por Roberto Vilar. Tamén tivo unha pequena aparición na serie Pratos combinados e nos filmes Entre bateas e Agallas.

Desde 2024 presenta o programa de televisión Sesión fóra do sitio, que se emite os mércores na TVG2, no que dá visibilidade a grupos musicais galegos emerxentes en lugares inesperados e diferentes.

Discografía

Con Heredeiros da Crus

A cuadrilla de Pepa a loba (1994) ¡¡Está que te cajas!! (1995) Criatura (1997) Des Minutos (1997) Erecsiones munisipales (1999) All Right Chicago (2000) Recambios Tucho (2001) Chicarrón (2004) Heredeiros da Crus - 20 aniversario (2012) Jard rock con fe (2013) Derretidos (2019)

Con A Banda de Poi

Mór (2005)

Con Tonhito de poi e Rasa Loba

Instinto (2008)

En solitario

O soro da verdade (2013) Non hai onde esconderse (2019)

Filmografía

Programas de TV Tardes con Ana (1998)Tardes con Ana Sesión fóra do sitio (2024 - actualidade)

Series de TV Pratos combinados (1996) - El mesmo. 1 episodio (Noite de rock) Rías Baixas (2000) - Xan

Cinema Entre bateas (2002) - Nando Agallas (2009) - Rockeiro do autobús

Notas

Véxase tamén Heredeiros da Crus A Banda de Poi Tonhito de Poi e Rasa Loba

Ligazóns externas Web oficial de Tonhito de Poi Myspace da banda Tonhito de Poi e Rasa Loba "Ti es dos meus", tema feito para o Día das Letras Galegas 2010 "Carta para Maruja a da Cansela", feita co texto dunha carta real escrita en 1920

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Actores de Ribeira Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes