Soiuz MS-01 foi unha misión espacial tripulada de Rusia lanzada o 7 de xullo de 2016 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz MS-01, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Anatoli Ivanishin, Takuya Onishi e Kathleen Rubins, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez nela despregáronse dous novos paneis solares e a antena KURS que permite acoplamentos automáticos de naves Soiuz. Tamén se probou un novo sistema de telemetría e comando a través dos satélites Luch. A nave regresou o 30 de outubro de 2016 ás 3:58 GMT.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz