Happy Death Day é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Christopher Landon e escrito por Scott Lobdell. Está protagonizado por Jessica Rothe e Israel Broussard. Foi producido por Jason Blum a través da produtora Blumhouse Productions, en asociación con Digital Riot Media e Vesuvius Productions. Conta a historia dunha estudante universitaria que é asasinada a noite do seu aniversario e volve vivir o mesmo día unha e outra vez.

Anunciado orixinalmente en 2007 baixo o título Half to Death, estreouse finalmente o 13 de outubro de 2017 a través de Universal Pictures. Recadou 125 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 4,8 millóns de dólares e recibiu valoracións positivas, cos críticos considerando o filme entretido e eloxiando a actuación de Rothe, e describíndoo como unha mestura de Groundhog Day e Scream. A súa secuela, Happy Death Day 2U, estreouse o 13 de febreiro de 2019.

Personaxes

Jessica Rothe como Theresa "Tree" Gelbman Israel Broussard como Carter Davis Ruby Modine como Lori Spengler Charles Aitken como Gregory Butler Laura Clifton como Stephanie Butler Jason Bayle como David Gelbman Rob Mello como John Tombs Rachel Matthews como Danielle Bouseman Phi Vu como Ryan Phan Tenea Intriago como protestante estudantil Blaine Kern III como Nick Sims Cariella Smith como Becky Shepard Jimmy Gonzales como oficial de policía no hospital Donna Duplantier como enfermeira Deena Dane Rhodes como oficial Santora Caleb Spillyards como Tim Bauer Missy Yager como Mrs. Gelbman Tran Tran como Emily

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Christopher B. Landon Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes de Blumhouse Productions Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 2017 Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes producidos por Jason Blum