Miguel Sangenís Sabater, coñecido como Miguel Santelices, nado en Barcelona en 1902, foi un sindicalista catalán.

Traxectoria Foi indultado en xuño de 1927."Indultos", La Vanguardia, 12-6-1927, p. 9. Axente de publicidade. En 1935 colaboraba en Solidaridad Obrera e asinou artigos en Avance Marino en marzo e abril de 1936. Chegou a Santiago de Compostela en xuño de 1936, suxeito a presentación periódica por orde da Delegación de Orde Pública, e creou unha escola privada na Avenida de Vilagarcía.El Compostelano, 7-3-1939, p. 1.

Foi capataz das minas de San Fins de 1940 a 1947 levando a Federación Local de Noia, e aproveitando o seu posto escondeu nos montes próximos moitos perseguidos. Axudou a Félix Álvarez Arganzúa cando fuxiu do cuartel da Garda Civil da Coruña atopándolle un refuxio en Noia, e en 1946 tivo agochado a José Luís Quintas Figueroa até que en xaneiro de 1947 o levou a Compostela xunto a Manuel Fandiño Ricart. Foi enlace co Comité Nacional da CNT, fixo viaxes a Francia e presidiu varios plenos clandestinos. En 1947 estivo na Coruña con José López para tentar reartellar a Federación Local. Xa fuxido, en maio de 1947 intentou reorganizar a CNT de Santiago de Compostela con Manuel Torres Picón. En xullo dese ano marchou a Madrid, colaborando co Comité Nacional para reactivar un comité rexional en Galicia. Foi reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947.La Voz de Galicia, 10-8-1947, p. 2. Logo marchou a Francia. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (S)

Coluna Sanfíns rendirá homenaje a Miguel Sangenís

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1902