Orly é un filme franco-alemán dirixido por Angela Schanelec. Foi rodado no aeroporto de Orly e estreouse no Festival Internacional de Cinema de Berlín o 13 de febreiro de 2010, proxectándose no Festival de Cinema dos Ánxeles ese mesmo ano. Durante a produción, o título inicial do filme era Orly, Poem 1-4. A rodaxe comezou o 4 de xaneiro de 2009 e durou até finais dese mesmo mes.

Estreouse subtitulado en galego o 13 de novembro de 2020, no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña).

Personaxes Natacha Régnier como Juliette Bruno Todeschini como Vincent Mireille Perrier como nai Emile Berling como fillo Jirka Zett como home novo Lina Phyllis Falconer como a noiva Maren Eggert como Sabine Josse De Pauw como Theo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Angela Schanelec Categoría:Filmes de 2010 con versión en galego