María Coro Clavero Maestre, nada en Donostia en 1911, foi unha odontóloga española exiliada en México.

Traxectoria Estudou o bacharelato en Tarragona, como as súas irmás Ascensión e Dolores.Pintos (2016) Posteriormente, estudou Medicina primeiro na Universidade de Zaragoza (cursos 1925-27), despois en Santiago (1927-28), en Madrid (1928) e de novo Santiago (1930-1932). Obtivo a titulación de Odontoloxía pola Universidade Central de Madrid con matrícula de Honra.

Casou en 1933 cun diplomático co que tería dous fillos. Durante a Guerra Civil foi militante da FUE (Federación Universitaria Escolar). Despois da guerra tivo que marchar ao exilio en Francia, cando tiña 29 anos de idade. Desde Francia pasou á República Dominicana tal e como aparece reflectido na lista de pasaxeiros do Flandre, barco que a levaría a ela e aos seus dous fillos dende Saint Nazaire a Santo Domingo (7 de novembro de 1939) e de alí a México, chegando a Veracruz o 13 de xaneiro de 1940. Recibiu as axudas da Junta de Ayuda a los Republicanos Españoles (JARE)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.

Outros artigos

Irene Álvarez Veras Ruth Selbmann Kummer Josefina Areses Alicia Fernández Calvete

Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1911 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Médicos de España Categoría:Odontólogos de España