U.S. Marshals é un filme estadounidense de 1998 dirixido por Stuart Baird. O argumento foi concibido a partir dunha historia escrita por Roy Huggins e John Pogue. É un spin-off do filme de 1993 O fuxitivo, que á súa vez está baseado na serie homónima creada por Huggins. Está protagonizado por Robert Downey Jr., Joe Pantoliano, Daniel Roebuck, Tom Wood e LaTanya Richardson. O filme foi unha coprodución entre Warner Bros. Pictures e Kopelson Entertainment. A banda sonora foi composta por Jerry Goldsmith.
U.S. Marshals estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 6 de marzo de 1998, recadando 57 millóns de dólares no mercado doméstico. O filme conseguiu 45 millóns de dólares internacionalmente, sumando en total 102 millóns de dólares.
Estreouse en galego o 4 de agosto de 2014 a través da TVG.
Personaxes
Tommy Lee Jones como Marshal Sam Gerard Wesley Snipes como Mark J. Sheridan / Mark Roberts / Mark Warren Robert Downey Jr. como axente especial John Royce Joe Pantoliano como Cosmo Renfro Daniel Roebuck como Bobby Biggs Tom Wood como Noah Newman LaTanya Richardson como Savannah Cooper Irène Jacob como Marie Bineaux Kate Nelligan como Catherine Walsh Patrick Malahide como director Bertram Lamb Rick Snyder como axente especial Frank Barrows Michael Paul Chan como axente Xiang Chen James Sie como Vincent Ling Tracy Letts como Sheriff Poe Len Bajenski como Deputy Hollander Donald Gibb como Mike Conroy Tony Fitzpatrick como Greg Conroy Cynthia Baker como Mama Conroy Susan Hart como moza de Greg Johnny Lee Davenport como Henry Vaitiare Hirshon como Stacia Vela
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Tennessee Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Chicago Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes baseados en series de televisión