Soiuz TMA-1, tamén coñecida como Soiuz TM-35, foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 30 de outubro de 2002 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-1, a primeira Soiuz modelo TMA en voar ao espazo, foi lanzada cos cosmonautas Frank De Winne, Iuri Lonchakov e Sergei Zaliotin a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A nave acoplouse ao módulo Pirs e a tripulación regresou aos dez días na Soiuz TM-34, coa TMA-1 quedando como bote salvavidas da ISS para o resto de astronautas. Finalmente a nave regresou o 4 de maio de 2003 con Ken Bowersox, Nikolai Budarin e Donald Pettit a bordo.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Notas

Categoría:Programa Soiuz