Soiuz TMA-12M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 25 de marzo de 2014 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-12M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Oleg Artemiev, Aleksandr Skvortsov e Steven Swanson a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo de investigación Poisk (MRM2, Mini Research Module 2) cun atraso dun día debido a un problema de software e regresou o 11 de setembro de 2014 ás 2:23 GMT. Na nave ía o facho olímpico dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 que tiveron lugar en Sochi (Rusia).
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-12M estaba formada por Aleksandr Samokutiaiev, Elena Serova e Barry Wilmore.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz