Soiuz TMA-18M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 2 de setembro de 2015 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-18M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Aidin Aimbetov, Andreas Mogensen e Sergei Volkov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo Poisk e regresou o 2 de marzo de 2016 ás 4:25 GMT con Volkov, Scott Kelly e Mikhail Kornienko a bordo.

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-18M estaba formada por Oleg Skripochka, Thomas Pesquet e Sergei Prokopiev.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz