Os Alpes (alemán: Alpen; italiano: Alpi; francés: Alpes; grego: Αλπεις; occitano: Aups/Alps; romanés: Alps; eslovaco. Alpe) son o sistema de montañas máis altas e extensas situadas totalmente en Europa. Exténdense dende Francia ó oeste ata Austria e Eslovenia ó leste, e dende Alemaña o norte ata Italia e Mónaco no sur así mesmo tamén atravesa a meirande parte de Suíza e Liechtenstein."Alpine Convention" . Alpine Conferences. Consultado o 3 de agosto de 2012 O arco alpino esténdese desde Niza no Mediterráneo occidental ata Trieste no Adriático e Viena ao comezo da conca panónica. Os Alpes forman unha barreira de 1 200 quilómetros entre o Mediterráneo e o Danubio
As montañas formáronse ao longo de decenas de millóns de anos a medida que as placas tectónicas de África e Eurasia chocaban. O acurtamento extremo causado polo evento deu lugar a que as rochas sedimentarias mariñas se elevanse por acabalgamento e pregamento en altos picos montañosos como o Mont Blanc e o Matterhorn.
O Mont Blanc, situado na fronteira franco-italiana ou moi preto dela, xa que a masiva demarcación da fronteira nunca foi consensuada, esténdese ao longo da fronteira franco-italiana e, cos seus 4809 m de altitude, é a montaña máis alta dos Alpes. A rexión alpina contén 82 picos que superan os 4000 m.
A altitude e o tamaño da cordilleira afectan o clima en Europa; nas montañas, os niveis de precipitación varían moito e as condicións climáticas consisten en zonas diferenciadas. A fauna, como os ibice, vive nos picos máis altos, a altitudes de ata 3400 m, e plantas como a edelweiss crecen en zonas rochosas tanto a altitudes máis baixas como a altitudes máis altas.
Debido á súa importancia de abastecemento dos caudais de ríos importantes europeos, como o Po ou o Rin, regando ricas terras de cultivo, ó seu redor situáronse desde a prehistoria diversos pobos, principalmente celtas como os borgoñóns, leucos, longobardos, helvecios e posteriormente, xermánicos no noroeste ou pobos itálicos logo da conquista da Gallia Cisalpina por Xulio César.
Os indicios de presenza humana nos Alpes remóntanse ao Paleolítico. En 1991 descubriuse nun glaciar situado na fronteira entre Austria e Italia un cadáver momificado (Ötzi), cuxa antigüidade determinouse nuns 5.000 anos. No século VI a. C., a cultura de La Tène celta xa estaba ben consolidada. Cabe destacar que Haníbal cruzou os Alpes cunha manda de elefantes, e os romanos tiñan asentamentos na rexión. En 1800, Napoleón cruzou un dos pasos de montaña cun exército de 40 000 homes. Os séculos XVIII e XIX foron testemuñas dunha afluencia de naturalistas, escritores e artistas, en particular os románticos, ao que seguiu a idade de ouro do alpinismo, cando os alpinistas comezaron a escalar os cumes dos Alpes.
A rexión alpina posúe unha forte identidade cultural. Prácticas tradicionais como a agricultura, a elaboración de queixo e a talla de madeira seguen vixentes nas aldeas alpinas. Porén, a industria turística comezou a medrar a principios do século XX e expandiuse considerablemente tras a segunda guerra mundial, ata converterse na actividade económica predominante a finais de século. Os Xogos Olímpicos de Inverno celebráronse nos Alpes suízos, franceses, italianos, austríacos e alemáns. En 2010, a rexión contaba con 14 millóns de habitantes e recibía 120 millóns de visitantes ao ano.Chatré, Baptiste, et al. (2010), 8
Hai unha organización especial para a protección dos Alpes chamado o Convenio dos Alpes.
Etimoloxía Non se sabe de certo se foron os celtas, os romanos ou os xermanos quen bautizaron os altos picos alpinos, existindo varias etimoloxías posibles, por exemplo:
Os pobos celtas foron uns dos primeiros poboadores da zona, xa que preto de alí desenvolveron a súa primeiras manifestacións culturais, coñecidas como La Tène, antes de estenderse polo resto de Europa. Estes pobos denominaban alpe en xeral a toda montaña escarpada. A palabra Alpes puido formarse a partir de albus, termo latino para definir branco, ou a partir de alb, termo celta equivalente, sendo en ambos os casos unha alusión á intensa coloración branca que presentan os cumes nevados desta cordilleira. Na mitoloxía antiga dos xermanos, Alp era un espírito aéreo que moraba no cume das montañas máis escarpadas baixando de cando en vez a perturbar a tranquilidade dos habitantes das poboacións próximas. Outra etimoloxía relaciona a palabra Alpes co significado de val, o que poñería de relevo que cando foron bautizados non interesaban as cimas, senón os pastos altos. miniatura|500px|centro|Vista do Mont Blanc desde Aiguille du Midi.
Descrición física
Son numerosas as montañas de máis de catro mil metros.
Con criterios xeolóxicos e xeográficos pódense dividir en tres sectores diferenciados: Occidentais, que irían desde as primeiras elevacións cerca do mar Mediterráneo ata o Valais. Os Alpes Marítimos e o macizo do Mont Blanc son os bloques máis importantes. Centrais, desde o Valais ata os Grisóns. Todo o Valais co macizo máis importante dos Alpes, o Monte Rosa e o Oberland. Orientais, que abarcan o resto da cordilleira cara ao leste e o sur. O Tirol, os Alpes Xulianos e os Dolomitas son as formacións máis importantes. As últimas elevacións nesta dirección chegan ata as primeiras doutro gran macizo: os Cárpatos.
Véxase tamén os Alpes italianos.
Xeografía miniatura|Os Alpes esténdense desde Francia no oeste ata Eslovenia no leste, e desde Italia no sur ata Alemaña no norte. Os Alpes están situados na Europa central e teñen a forma característica dunha media lúa que se estenden en forma de arco ao longo de 800 quilómetros de leste a oeste e cun máximo de 200 km de ancho, a altura media do pico das montañas e de 2,5 km. Conten numerosos picos que superan os 4.000 metros de altitude.
Con criterios xeolóxicos e xeográficos pódense dividir en tres sectores diferenciados: Os Alpes Occidentais, que irían desde as primeiras elevacións preto do Mediterráneo ata o Valais. Os Alpes Marítimos, o macizo da Vanoise, o dos Écrins e o macizo do Mont Blanc son os bloques máis importantes. Os Alpes Centrais, desde o Valais ata os Grisóns. Todo o Valais co macizo máis importante dos Alpes, o Monte Rosa, o Oberland e o grupo do Bernina. Os Alpes Orientais, que abarcan o resto da cordilleira cara ao leste e o sur. O Tirol e os Dolomitas son as formacións máis importantes. As últimas elevacións nesta dirección chegan ata as primeiras doutro gran macizo: os Cárpatos.
O macizo dos Alpes é un sistema de cordilleiras que se estende ao longo de máis dun milleiro de quilómetros, desde a Bocchetta di Altare en Italia, ata Viena, en Austria. Oito estados comparten este conxunto montañoso: Italia, Francia, Mónaco, Suíza, Austria, Liechtenstein, Alemaña, e Eslovenia. Con numerosos picos de máis de 4.000 metros, con ausencia de grandes pasos e invernos rigorosos, estas montañas constituíron e seguen constituíndo unha importante barreira natural. Con todo o macizo é dos máis poboados e industrializados do mundo, grazas á súa posición xeográfica no corazón da Europa da Revolución Industrial. Límites xerais alt=Foto tomada por Copernicus Sentinel 3A|miniatura|Foto tomada por Copernicus Sentinel 3A A cadea alpina presenta unhas delimitacións máis ou menos claras alí onde as montañas perden altura: Como fronteira entre os Alpes e os Apeninos adóitase tomar á Bocchetta di Altare, a 459 msnm. Este límite esténdese ao longo do percorrido da autoestrada A6. O mar Mediterráneo baña os contrafortes do sueste dos Alpes Occidentais, nas provincias de Imperia e Savona na Liguria, e o departamento dos Alpes Marítimos, a Provenza-Alpes-Costa Azul. Os vales escavados polos ríos Argens, Verdon e Durensa separan os Prealpes meridionais doutros macizos máis marítimos como o de Mouros, o da Santa Bauma ou o Monte Venturi. O val do río Ródano supón a marcada separación en sentido sur-norte entre os Alpes Occidentais e o Macizo Central Francés ata onde recibe as augas do río Isère. A partir de aquí o Isère segue os límites alpinos ata o cóbado de Voiron, onde unha liña sur-norte dunha trintena de quilómetros enlaza de novo o Ródano á altura da desembocadura do Guiers. Neste punto e ata o lago Léman na beira dereita do Ródano atópase a cordilleira do Xura. Unha paisaxe pouco accidentada a uns 500 msnm enlaza en trinta quilómetros o lago Lemán co de Neuchâtel, a partir do cal o río Aar fai de fronteira dos Alpes e o Xura ata que desemboca no Rin. A Selva Negra queda separada dos Alpes polo Rin e o lago Constanza, pero a delimitación exacta é posiblemente máis ao leste, ao sur de Baviera, onde a cordilleira alpina perde progresivamente altura ata converterse nunha grande extensión de outeiros coñecida como os Prealpes bávaro. Unha vez en Austria o Danubio transcorre polo norte dos Alpes e sepáraos da maior parte da Selva de Bohemia, aínda que algunhas pequenas zonas ao sur do Danubio pertencen xeoloxicamente ao macizo bohemio. A Selva de Viena, no suroeste da cidade, supón o extremo nororiental dos Alpes xa que na outra beira do Danubio, a unha cincuentena de quilómetros de Viena, atópanse os Pequenos Cárpatos. A plana Panónica constitúe a fronteira oriental dos Alpes entre Viena e Eslovenia. A parte máis suroriental da cadea alpina atópase en territorio esloveno, onde os vales que enlaza a autoestrada A1 pódense tomar de referencia de división entre os últimos macizos alpinos e os primeiros dos Alpes Dináricos. Dentro da Península Itálica, as chairas Furlan, veneciana e Plana padana contrastan claramente coas elevacións dos Alpes e sepárano dos Apeninos.
Esta delimitación dos Alpes é subxectiva e aberta a discusión, xa que responde a criterios xeolóxicos, altimétricos, históricos ou políticos, segundo as zonas. Coa mesma subxectividade pódese dividir a cordilleira en Alpes Occidentais, Centrais e Orientais.
Orixe A formación desta cordilleira é complexa, produto dunha serie de movementos tectónicos producidos durante o Mesozoico (era Secundaria, 245 a 65 millóns de anos) e o Cenozoico (na súa primeira parte, da era Terciaria), que abarcaron desde o Magreb ata os Urais. A existencia de grandes fosos mariños nestas rexións e a súa posterior pechadura debida á converxencia das placas continentais africana e europea provocou enormes pregamentos, en sentido norte e oeste primeiro, e despois en sentido sur e leste.
Estes pregamentos foron a causa de que as placas sedimentarias de superficie fosen desprazadas nas mesmas direccións que os pregamentos. Aínda así, en tempos posteriores aos movementos de compresión, déronse pregamentos de extensión, por flexión das zonas levantadas, cousa que deu lugar á difícil orografía actual dos Alpes.
Descrición física
Son numerosas as montañas de máis de catro mil metros.
Con criterios xeolóxicos e xeográficos pódense dividir en tres sectores diferenciados: Os Alpes Occidentais, que irían desde as primeiras elevacións cerca do mar Mediterráneo ata o cantón suízo de Valais. Os Alpes Marítimos e o macizo do Mont Blanc son os bloques máis importantes. Os Alpes Centrais, desde o Valais ata os Grisóns. Todo o Valais co macizo máis importante dos Alpes, o Monte Rosa e o Oberland. Os Alpes Orientais, que abarcan o resto da cordilleira cara ao leste e o sur. O Tirol, os Alpes Xulianos e os Dolomitas son as formacións máis importantes. As últimas elevacións nesta dirección chegan ata as primeiras doutro gran macizo: os Cárpatos.
Véxase tamén os Alpes italianos.
Xeoloxía e oroxenia
Os Alpes forman unha parte dun cinto oroxénico do Terciario de cadeas montañosas, chamada cinto Alpide, que se estende polo sur de Europa e Asia dende o Atlántico ata chegar ao Himalaia. Este cinto de cadeas montañosas formouse durante a oroxenia Alpina. Un oco nesas cadeas en Europa central separa os Alpes dos Cárpatos cara ao leste. A oroxenia produciuse de forma continua e o afundimento tectónico é o culpable das brechas existentes no medio.