Soiuz TMA-3 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 18 de outubro de 2003 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-3 foi lanzada cos cosmonautas Pedro Duque, Aleksandr Kaleri e Michael Foale a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento mentres a frota de transbordadores espaciais permanecía parada despois do accidente do transbordador espacial Columbia. A nave acoplouse ao módulo Pirs e durante a súa estancia a ISS recibiu a visita da misión Soiuz TMA-4 e dos cargueiros Progress M1-11, Progress M-49 e Progress M-50. A nave regresou o 30 de abril de 2004 con Foale, Kaleri e André Kuipers.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz