Soiuz TMA-5 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 14 de outubro de 2004 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-5 foi lanzada cos cosmonautas Leroy Chiao, Iuri Shargin e Salizhan Sharipov a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento mentres a frota de transbordadores espaciais permanecía parada despois do accidente do transbordador espacial Columbia. A nave acoplouse ao módulo Pirs e durante a súa estancia a ISS recibiu a visita da misión Soiuz TMA-6 e dos cargueiros Progress M-50 e Progress M-51. A nave regresou o 24 de maio de 2005 con Chiao, Sharipov e Roberto Vittori.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz