O sistema Schoenflies ou sistema de Schoenflies, chamado así polo matemático alemán Arthur Schoenflies, é unha notación que se emprega normalmente para clasificar as moléculas en función da súa simetría. É a notación máis antiga de todas. Usa as seguintes letras para identificar grupos puntuais :

a letra I para o grupo con simetría icosaédrica; a letra O para o grupo con simetría octaédrica; a letra T para o grupo con simetría tetraédrica; C n para grupos caracterizados por ter un eixo de rotación n-ario; S n para grupos que conteñen un eixo n-ario de rotación impropria; D n para un grupo que contén un eixo de rotación n-ario máis un eixo binario perpendicular a ese eixo.

Isto representa a simboloxía básica á que se engaden varios subíndices para diferenciar en función da presenza doutros elementos característicos de simetría (como planos especulares ou centros de inversión).

O sistema internacional ou sistema Hermann-Mauguin úsase sobre todo en cristalografía para a simetría cristalina. Notas

Véxase tamén

Teoría de grupos Clase de simetría Simetría Categoría:Cristalografía Categoría:Simetría Categoría:Espectroscopia