Robert James Eidlitz, nado o 25 de marzo de 1864 en Nova York e finado o 18 de maio de 1935 na mesma cidade, foi un numismático e arquitecto estadounidense.
Traxectoria Robert J. Eidlitz naceu en Nova York o 25 de marzo de 1864, nunha familia de ascendencia xudía de Bohemia.Rechcigl, M. (2018). Cursou os seus estudos superiores inicialmente na Universidade Cornell, onde se graduou en 1885, e posteriormente na Universidade Técnica de Berlín, onde estudou Arquitectura.Rechcigl, M. (2021).Smith, P. (2012).
Eidlitz arquitecto e construtor Eidlitz comezou a súa vida laboral na empresa de construción propiedade do seu pai, Marc Eidlitz & Son, Inc., encargada de construír algúns dos edificios máis destacados de Nova York, como o do Banco da Reserva Federal, o Museo Cloisters, a Academia de Medicina de Nova York, o Yale Club, a Astor Library, o edificio AT&T ou un anexo do edificio da Bolsa de Nova York en Wall Street. En 1928 foi nomeado presidente da compañía, logo do falecemento do seu irmán máis vello."Eidlitz, Robert J. (Robert James), 1864-1935 ". American Numismatic Society.
Eidlitz numismático Paralelamente á súa dedicación á arquitectura, Eidlitz foi un entusiasta numismático e coleccionista de medallas de temática arquitectónica, asunto sobre o que publicou un manual en 1927.Véxase (1927) en "Publicacións". En 1910 ingresou na American Numismatic Society (ANS) e desde 1916 ata a súa morte en 1935 formou parte do seu consello de dirección. Nesta institución promoveu a emisión dunha serie de medallas conmemorativas e participou na comisión que estableceu un dos galardóns máis destacados dos que ofrece a ANS: o premio Sanford Saltus de Medalla.
Tamén como construtor, a empresa de Eidlitz encargouse da construción na década de 1920 dunha nova á do edificio Audubon Terrace, que foi a sede da American Numismatic Society ata 2008. Tras a súa morte, a ANS estableceu en 1955 o Fondo Eidlitz para o Mantemento de Edificios, a partir dun legado que deixara para tal fin o propio Eidlitz.Adelson, H. L. (1958). The American Numismatic Society 1858-1958. American Numismatic Society, Nova York. Páxina 283. De igual xeito, tamén doou á Sociedade a súa colección de medallas sobre arquitectura.
Robert Eidlitz faleceu en Nova York o 18 de maio de 1935, aos 71 anos.
Recoñecementos (1917): Medalla Huntington, da American Numismatic Society."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.
Publicacións Estes son traballos monográficos sobre medallística publicados por Robert James Eidlitz:"Eidlitz, Robert James 1864-1935". WorldCat Identities.
(1924). Medals and medallions of Thomas Jefferson. Nova York. (1927). Medals and Medallions Relating to Architects. Nova York. (1928). Medallic Portraits of Matthew Boulton and James Watt. Nova York.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Rechcigl, M. (2018). "Robert James Eidlitz". En American Jews with Czechoslovak Roots. Páxina 219. Rechcigl, M. (2021). "Robert James Eidlitz (1864-1935)". En American Men and Women in Medicine, Applied Sciences and Engineering with Roots in Czechoslovakia. Authorhouse, Bloomington. ISBN 978-1-6655-1598-9 Smith, P. (2012). "Eidlitz, Robert James". En American Numismatic Biographies. Páxina 114.
Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Arquitectos dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Alumnos da Universidade Cornell Categoría:Alumnos da Universidade Técnica de Berlín Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeocheca Categoría:Personalidades sen imaxes