William Harris Ashmead, nado o 19 de setembro de 1855 en Filadelfia e finado o 17 de outubro de 1908 en Washington D.C., foi un entomólogo estadounidense.
Traxectoria Despois de reaiza os seus estudos en Filadelfia, Ashmead traballou para a editorial J. B. Lippincott & Co. Máis tarde, estableceuse en Florida onde creou a súa propia editorial dedicada á agricultura. Tamén lanzou o Florida Dispatch, un semanario agrícola que incluía unha sección dirixida a insectos prexudiciais.
En 1879 comezou a escribir artigos para publicacións científicas e, en 1887, foi nomeado entomólogo de campo, traballando no Ministerio de Agricultura de Florida.
O ano seguinte foi entomólogo na estación de investigación agrícola de Lake City, Florida. En 1889 volveu traballar no Ministerio de Agricultura.
Ao ano seguinte, e durante dous anos, viaxou, en particular a Alemaña, para perfeccionar os seus coñecementos entomolóxicos.
En 1895 obtivo o posto de axudante de conservación no Departamento de Entomoloxía do Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos, posto que ocupou até a súa morte.
Ashmead foi principalmente un entomólogo sistemático, que traballou en moitos grupos de insectos, sobre todo en himenópteros, e publicou aproximadamente 260 artigos en varias revistas científicas.
Algunhas publicacións miniatura|Ilustración de Ashmead en The phylogeny of the Hymenoptera (1896) Libros: Monograph of the North American Proctotrypidae. (Bulletin of the US National Museum, nº 45) Washington: US GPO, 1893. Descriptions of New genera and species of Hymenoptera from the Philippine Islands. (Proceedings of the US National Museum, nº 29) Washington: US GPO, 1904.
Artigos sobre a orde dos himenóperos: "Studies on the North American Proctotrupidae, with descriptions of new species from Florida." Entomol. Am. 3: 73-76, 97-100, 117-119 (1887). "Descriptions of some new genera and species of Canadian Proctotrupidae." Can. Entomol. 20: 48-55 (1888). "Description of a new genus and new species of proctotrypid bred by Mr F.W. Urich from an embiid." J. Trin. Fld. Nat. Club 2: 264-266 (1895). "The phylogeny of the Hymenoptera". Proc. Ent. soc. Washington, III: 326-336 (1896) . "Classification of the pointed-tailed wasps, or the superfamily Proctotrypoidea.-III." J. N. Y. Entomol. Soc. 11: 86-99 (1903). "Descriptions of new Hymenoptera from Japan-1." J. N. Y. Entomol. Soc. 12: 65-84 (1904).
Abreviatura A abreviatura Ashmead emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
Ligazons externas Frank G. Ashbrook Papers, circa 1915-1965 Arquivos da Smithsonian Institution. Encyclopedia of Life: Lista dos taxons (2519) descritos por Ashmead. NomenclatorZoologicus Lista dos xéneros descritos por Ashmead.
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Entomólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1855 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Finados en 1908