thumb|"Cartel de viaxe" do Programa de Exploración de Exoplanetas da NASA para PSO J318.5-22 PSO J318.5−22 é un planeta interestelar, un obxecto de masa planetaria que non orbita unha estrela. Está situado a aproximadamente 80 anos luz de distancia, e pertence á asociación estelar Beta Pictoris. O obxecto descubriuse en 2013 en imaxes tomadas polo telescopio de campo amplo Pan-STARRS PS1. A idade de PSO J318.5-22 estimouse en 12 millóns de anos, a mesma idade que o grupo Beta Pictoris. Baseándose na súa temperatura e idade, está clasificado dentro do tipo espectral L7 das ananas marróns.
O líder do equipo, Michael Liu do Institute for Astronomy da Universidade de Hawaii, afirmou: "Nunca antes vimos un obxecto flotando libremente no espazo que semellase a este. Ten todas as características dos planetas novos que se atopan ó redor doutras estrelas, pero está a deriva e só.Young planet, six times more massive than Jupiter, found hanging alone without star Shelly Jones, Pentagon Post, 12-10-2013 As teorías actuais sobre tales obxectos inclúen a posibilidade de que perturbacións gravitacionais puidesen expulsalos dos seus sistemas planetarios pouco despois de formarse a través da acreción planetaria ou tamén poderían estar formados por algún outro medio. As temperaturas estimadas dentro das súas nubes exceden os 1,100 K (800 °C). As nubes, feitas de po quente e ferro fundido, amosan como de xeneralizadas están as nubes nos planetas e obxectos semellantes. En 2020, os modelos amosaron que a variabilidade do brillo non se pode atribuír sen ambigüidade ás nubes.
Notas
Véxase tamén Outros artigos CFBDSIR 2149−0403 2MASS J1119–1137 Kepler-22b
Categoría:Planetas interestelares Categoría:Planetas extrasolares Categoría:Constelación de Capricornio