Vespa luctuosa é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos vespinos, tribo dos Vespini unha das integradas no xénero Vespa.Vespa luctuosa de Saussure, 1854 en BioLib. Consultado o 18 de xullo de 20211.Vespa luctuosa de Saussure, 1854 no GBIF. Consultado o 18 de xullo de 20211.
É unha avespa coñecida polo seu potente veleno.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1854 polo entomólogo suízo, especializado en himenópteros e ortópteros, Henri Louis Frédéric de Saussure.
Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo: Vespa negrosensis Kojima & Tano, 1985
Subespecies Dentro da especie recoñécense as tres subespecies seguintes: Vespa luctuosa luctuosa Saussure, 1854 Vespa luctuosa luzonensis Bequard, 1934 Vespa luctuosa semperi Buysson, 1905
Características Vespa luctuosa mide 5 cm de longo, sendo a segunda avespa máis grande, despois do avespón xigante asiático (Vespa mandarinia).
Tende a construír os seus niños colgantes en árbores e matogueiras. Só raramente os constrúe en estruturas e vivendas humanas. Os niños construídos por Vespa luctuosa son xeralmente esféricos durante as primeiras etapas da súa construción; despois de que desenvolven en tamaño, tenden a ter unha orientación vertical máis alongada.
Características do veleno O veleno de Vespa luctuosa ten a maior toxicidade rexistrada para os ratos de calquera outra especie de avespa. A LD50 do veleno é de 1,6 mg/kg. A toxicidade (media, contra ratos) por peso do veleno de Vespa luctuosa é superior á do avespón xigante asiático, que é máis grande e que ten unha LD50 de 4,0 mg/kg, pero que é responsábel de moitas máis mortes humanas que Vespa luctuosa debido ao volume considerabelmente maior de veleno inxectado por picadura.
Ademais de ser a avespa máis velenosa coñecida, Vespa luctuosa ten unha das toxicidades máis altas rexistradas de calquera veleno de insecto coñecido. Sábese que o veleno de formigas xénero Pogonomyrmex (especialmente Pogonomyrmex maricopa), así como a especie de formiga Ectatomma tuberculatum, son máis tóxicas.
Alén da dor no sitio da picadura, os síntomas de envelenamento grave por Vespa luctuosa'' inclúen convulsións, cianose e hematuria.Material safety datasheet para o veleno de Vespa luctuosa luctuosa.
Especie invasora en España Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os seus hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo español de especies exóticas invasoras, aprobado por Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto.Vespa spp. (especies no europeas), en Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, por el que se regula el Catálogo español de especies exóticas invasoras.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Imaxes de Vespa luctuosa negrosensis .
Categoría:Vespidae Categoría:Especies invasoras animais Categoría:Insectos de Asia Categoría:Animais descritos en 1854