Jaime Sánchez Muñoz, nado en Chiclana de la Frontera o 11 de marzo de 1995, é un futbolista español que xoga como defensa central no Penafiel, da Segunda Liga de Portugal.
Traxectoria Comezou na Escola de Fútbol Sancti Petri de Chiclana, onde xogou varios anos antes de entrar na canteira do Cádiz. Despois de tres anos no equipo amarelo, en 2012 foi traspasado ao Real Madrid por 250.000 euros.
No club branco empezou no equipo xuvenil e disputou a Liga Xuvenil da UEFA, na que un gol seu ao gardameta do PSG, Mike Maignan, lle deu o pase a semifinais ao Real Madrid. O 24 de marzo de 2013 debutou co Real Madrid C na Segunda División B, nun partido contra o Sporting de Gijón B. Na tempada 2014/15 subiu ao Real Madrid Castilla, co que disputou 17 encontros, case todos como titular, e foi convocado por Carlo Ancelotti para un partido de Copa do Rei do primeiro equipo contra o Cornellà, aínda que non chegou a entrar ao campo.
Na tempada 2015/16 sufriu unha lesión no tendón de Aquiles que o obrigou a pasar polo quirófano e que o mantivo fóra dos terreos de xogo durante toda a campaña. Para a tempada 2016/17 foi cedido ao CE Sabadell, pero non chegou a debutar por mor das lesións. O 24 de setembro de 2017 volveu xogar un partido oficial 861 días despois do último, vestindo a camiseta do Castilla fronte ao Navalcarnero. Xogou un total de 5 partidos no equipo de Solari pero no verán volveu pasar polo quirófano para unha nova intervención cirúrxica.
En xaneiro de 2019 foi traspasado ao Real Valladolid B, de 2ªB. Disputou 12 partidos e ao remate da tempada o club valisoletano renovou o seu contrato ata 2021. No equipo adestrado por Javier Baraja conseguiu unha regularidade que non tiña dende había anos e disputou 24 partidos de liga, 23 deles como titular, así como o encontro da promoción de ascenso que o seu equipo perdeu contra o Barcelona B.
En agosto de 2020 foi traspasado ao Sabadell, agora en Segunda División. Debutou na categoría de prata na segunda xornada, comezando como titular nunha derrota por 1-2 contra o Rayo Vallecano no Estadio de Vallecas. Foi titular na maioría de encontros e na xornada 36 marcou de chilena o seu primeiro gol, dándolle a vitoria ao seu equipo contra o Mallorca na Nova Creu Alta (1-0). Con todo, o equipo acabou perdendo a categoría.
O 19 de xullo de 2021 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña para a tempada 2021/21 da nova Primeira División RFEF. Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, na primeira xornada de liga contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0. Na súa primeira campaña no Deportivo formou xunto a Adrián Lapeña a parella de centrais titulares e disputou 29 partidos, todos saíndo dende o once inicial. Perdeu protagonismo na seguinte tempada, coa chegada do francés Pablo Martinez, pero aínda así superou os 2.000 minutos de xogo.
A súa participación reduciuse de xeito notable trala chegada de Pablo Vázquez na tempada 2023/24, con Imanol Idiakez no banco. Con todo, a súa versatilidade permitiulle xogar como lateral dereito e pivote defensivo ademais de como central, polo que acumulou 23 partidos disputados, contribuíndo ao ascenso do equipo á Segunda División. Na tempada 2024/25 xogou 17 partidos, só 6 deles saíndo dende o inicio. Pechou o seu paso pola Coruña cun total de 98 encontros disputados.
En xullo de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo Penafiel da Segunda Liga de Portugal, club que viña de ser adquirido pouco antes polo propio dono do Deportivo, Juan Carlos Escotet.
Selección española Foi internacional coas categorías inferiores da selección española, dende que debutou en 2012 coa sub-17, pasando logo pola sub-18, sub-19 e sub-21. En 2013 disputou o Campionato europeo da UEFA Sub-19 en Lituania, caendo nas semifinais contra Francia.
Palmarés Deportivo da Coruña Primeira División RFEF (1): 2023/24.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División e final de campións de Primeira Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesReal Madrid C2012/13Segunda B10-- - -102013/14Segunda B60 - - - -60Total club70000070Real Madrid Castilla2014/15Segunda B170-- - -1702015/16Segunda B00-- - -00Sabadell2016/17Segunda B0000 - -00Real Madrid Castilla2017/18Segunda B50-- - -502018/19Segunda B00 - - - -00Total club2200000220Valladolid B2018/19Segunda B120 - - - -1202019/20Segunda B240 - - 1 0250Total club36000 1 0370Sabadell2020/21Segunda32110 - -331Total club3211000331Deportivo da Coruña2021/221ª Federación27100 2 02912022/231ª Federación27000 2 02902023/241ª Federación20110202312024/25Segunda16010 - -170Total club9022060982Total carreira 187 3 307 0 1973
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Chiclana de la Frontera Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid C Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do Real Valladolid B Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do FC Penafiel Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21