Bioko Sur é unha das 8 provincias que compoñen a República de Guinea Ecuatorial.

Xeografía A provincia localízase xeograficamente entre os 3º 25' N e os 8º 25' L, no golfo de Guinea, distando uns 50 km das costas do Camerún.

Ocupa a parte sur da illa de Bioko, limita ao norte coa provincia de Bioko Norte e ao oeste, sur e leste co océano Atlántico (golfo de Guinea).

A súa capital é a cidade de Luba.

A provincia ten unha extensión de 1 241 km² e, no ano 2015, contaba cunha poboación de 34 674 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 28 hab./km2.

Está dominada por dous picos volcánicos, o Pico Biao (2 009 m) e a Gran Caldeira de Luba (2 261 m).

Os principais ríos son o Ole ou Tudela, Moab, Iladyi, Ruma e Tiburones, ríos onde son frecuentes as fervenzas, mesmo na súa foz, e exercen uha forte acción erosiva que pode dar lugar a violentos movementos de terra cando o fluxo se multiplica coas primeiras chuvias.

División administrativa e demografía A provincia está constituída por dous municipios e os seus correspondentes distritos.Ministerio del Interior y Corporaciones LocalesDatos de poboación do censo de 2001.

Distritos Total Urbana Rural Superficie Densidade Total homes mulleres homes mulleres homes mulleres km² hab./km² Bioko Sur 29 034 15 263 13 771 4 942 5 155 10 321 8 616 1 241 23 Luba 23 870 12 453 11 417 4 421 4 590 8 032 6 827 843 28 Riaba 5 164 2 810 2 354 521 565 2.289 1.789 398 13 Demografía histórica Censosano Poboación 1983 10 969 1994 12 569 2001 29 034

Poboacións Luba (con 21 Consellos de Poboados) Riaba (con 14 Consellos de Poboados)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Luba

Categoría:Xeografía de Guinea Ecuatorial