The Darkest Minds é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Jennifer Yuh Nelson, e escrito por Chad Hodge. Baséase na novela homónima escrita por Alexandra Bracken. Foi producido por Shawn Levy e Dan Levine, e está protagonizado por Amandla Stenberg, Harris Dickinson, Mandy Moore e Gwendoline Christie. Conta a historia dun grupo de nenos e adolescentes que foxen do goberno logo de obter superpoderes.

O filme estreouse nos Estados Unidos o 3 de agosto de 2018 a través de 20th Century Fox. Recibiu valoracións negativas por parte da crítica, especialmente dirixidas ás actuacións, dirección, guión e "falta de personalidade". O filme foi un fracaso de recadación, obtendo 41,1 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 34 millóns.

Personaxes Amandla Stenberg como Ruby Daly Lidya Jewett como Ruby con 10 anos Mandy Moore como Catherine "Cate" Connor Bradley Whitford como Presidente Gray Harris Dickinson como Liam Stewart Patrick Gibson como Clancy Gray Skylan Brooks como Charles "Chubs" Meriwether Miya Cech como Suzume "Zu" Kimura Gwendoline Christie como Lady Jane Wade Williams como Capitán McManus Mark O'Brien como Rob Wallace Langham como Dr. Viceroy Golden Brooks como Molly Daly Sammi Rotibi como Paul Daly

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jennifer Yuh Nelson Categoría:Filmes con banda sonora de Benjamin Wallfisch Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes de 21 Laps Entertainment Categoría:Filmes sobre presidentes ficticios dos Estados Unidos de América