Rašid Mahalbašić, nado o 7 de novembro de 1990 en Jesenice, Eslovenia, é un xogador austríaco de baloncesto profesional. Actualmente na Liga LEB, onde se desempeña na posición de pivote cunha altura de 2,10 m.
Traxectoria Nado en Jesenice, unha localidade situada ao norte de Eslovenia, na fronteira austríaca, Mahalbašić comezou a súa carreira como xogador de baloncesto profesional nos Kelag Wörthersee Piraten da Österreichische Basketball Bundesliga, a máxima categoría deste deporte en Austria. En febreiro de 2010 realizou unha proba co Montepaschi Siena da Serie A (LBA) italiana. Após o Adidas Eurocamp de Treviso realizado no verán dese mesmo ano, asina un contrato por seis anos co Fenerbahçe Ülker da Basketbol Süper Ligi e Euroliga. Alí, entre decembro de 2010 e febreiro de 2011, é cedido ao Tofaş S.K., tamén da máxima categoría turca. Durante a súa cesión xoga contra precisamente contra o Fenerbahçe, conseguindo 14 puntos, 2 rebotes, 1 asistencia e 1 tapón. Logo da cesión, volveu ao Fenerbahçe despois da lesión de Mirsad Türkcan, aínda que na seguinte temporada é cedido de novo, esta vez ao Split croata. Após regresar de volta ao equipo turco, en xaneiro de 2012, Mahalbašić rompe a súa vinculación co club e asina co Zlatorog Laško esloveno.
Na temporada 2012−13 asina polo Asseco Prokom da PLK polaca. Alí converteuse nun dos xogadores máis destacados cunha media de 11 puntos e 6,8 rebotes por xogo. Co equipo de Gdynia tamén chegou a súa estrea na Euroliga, onde en 10 encontros conseguiu unha media de 9,1 puntos e 6,8 rebotes por partido. Na temporada seguinte asina polo ČEZ Nymburk checo, onde consegue 10,1 puntos e 6,3 rebotes por partido na competición doméstica e 11,3 puntos e 6,2 rebotes por encontro na Eurocup. Na temporada 2014−15, no BC Astana da VTB United League aumenta os seus rexistros até conseguir 14,6 puntos e 6,6 rebotes por encontro. AO ano seguinte continuou xogando na VTB League, esta vez no Nizhny Novgorod. Ao ano seguinte regresou á liga turca, empezando a temporada no Yeşilgiresun Belediye. Após nove encontros nos que conseguiu facer unha media de 11,2 puntos e 5,9 rebotes, asina polo Real Betis da Liga ACB. Tras finalizar a camapaña, Mahalbašić recala no EWE Baskets Oldenburg da Basketball Bundesliga alemá, onde permanece até 2021. Tras finalizar a súa vinculación, asina co AS Monaco para xogar os play-offs da LNB Pro A. O 22 de xullo de 2021 anúnciase a súa incoporación ao Río Breogán, equipo co que regresa á Liga ACB. No club lucense permance unha temporada, onde axuda ao equipo a disputar a Copa do Rei. Tras finalizar a temporada, o club lucense decide non renovar ao xogador, que asina posteriormente por un equipo da Liga LEB.
Equipos Rašid Mahalbašić xogou nos seguintes equipos ao longo da súa carreira profesional. Wörthersee Piraten (ÖBB, 2015–2018) Fenerbahçe Ülker (BSL, 2010) Tofaş S.K. (BSL, 2010−2011) KK Split (HT Premijer liga, 2011) Zlatorog Laško, (1. SKL, 2012) Asseco Prokom (PLK / Euroliga, 2012−2013) ČEZ Nymburk (NBL, 2013−2014) BC Astana (VTB, 2014−2015) Nizhny Novgorod (VTB, 2015−2016) Yeşilgiresun Belediyespor (BSL, 2016) Real Betis (ACB, 2016−2017) EWE Baskets Oldenburg (BBL, 2017−2021) AS Monaco Basket (LNB Pro A, 2021) Río Breogán (ACB, 2021−2022) Hereda San Pablo Burgos (LEB, 2022−presente)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados na Alta Carniola Categoría:Xogadores de baloncesto de Eslovenia Categoría:Xogadores de baloncesto de Austria Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do KK Split Categoría:Xogadores do Tofaş SK Categoría:Xogadores do KK Zlatorog Laško Categoría:Xogadores do Arka Gdynia Categoría:Xogadores do ČEZ Basketball Nymburk Categoría:Xogadores do BC Nizhny Novgorod Categoría:Xogadores do Yeşilgiresun Belediye Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores do EWE Baskets Oldenburg Categoría:Xogadores do AS Monaco Basket Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do CB Miraflores