Os asubíos son pequenas frautas globulares que serven para asubiar.

Caracteŕisticas Os asubíos son un dos máis primitivos instrumentos musicais, documentados nas máis antigas escavacións arqueolóxicas. En Galiza empregábanse tradicionalmente como xoguetes para os cativos. Fabrícanse practicando un furado e baleirando o interior de calquera material que proporcione unha cavidade globular: madeiras, ósos, bugallos, abelás, noces,etc. Apoiando o asubío debaixo dos beizos e soprando contra a beira do burato obtéñense diferentes sons dependendo do material empregado. Na cavidade pódense realizar outros pequenos furados para emitir diferentes notas co que se consegue a execución de melodías sinxelas. Existen tamén algúns tipos especiais de asubíos, como o toelo, realizado nun tipo de pedra calcaria propio dalgunhas partes de Galiza,

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Asubio de abelá - Proxecto Ronsel (2010). Youtube.

Categoría:Música tradicional galega Categoría:Instrumentos de vento