Iago López Marra, nado en Portosín o 7 de abril de 1990, é un regatista galego, que compite en vela. Destaca especialmente na clase 49er, da que foi campión do mundo en 2020 e dúas veces campión de Europa en 2016 e 2018. Participou en dous Xogos Olímpicos (Río 2016 e Toquio 2020), ocupando no primeiro deles o 9º posto da clase 49er (xunto con Diego Botín).
Traxectoria Comezou a navegar aos 11 anos, no Real Club Náutico Portosín e competiu nas clases Optimist, 420 e 470. En 2009 foi cuarto no Campionato Europeo Júnior de 470, navegando xunto ao regatista vilagarcián Hugo Fernández. Ese mesmo ano ingresou no Centro de Alto Rendemento de Vela de Santander, onde compaxinou as regatas cos seus estudos de enxeñaría naval, e onde coñeceu a Diego Botín.
Durante os seguintes anos competiu en regatas en Italia e disputou o campionato do mundo de Platu 25 co barco do Náutico de Portosín, xunto a José Manuel Pérez e Alfredo Mella, obtendo unha cuarta posición en 2013. En 2014 recibiu unha chamada de Diego Botín, que lle ofreceu navegar con el na clase 49er, e tentar clasificarse para os Xogos Olímpicos de Río. O equipo comezou a conseguir bos resultados especialmente a partir de 2016, destacando en febreiro dese ano a súa vitoria na Copa do Mundo de Vela de Miami, e en abril a medalla de ouro no Campionato de Europa de 49er. Finalmente, en maio, lograron a praza olímpica por diante dos irmáns vilgarciáns Carlos e Antón Paz.
En agosto de 2016 disputou en Río de Xaneiro os seus primeiros Xogos Olímpicos, obtendo o noveno posto final. Durante os seguintes catro anos aumentou considerablemente o seu palmarés. Así, gañou o seu segundo Campionato Europeo en 2018 en Gdynia e obtivo o bronce ao ano seguinte na cidade inglesa de Weymouth. En decembro de 2019 quedou ás portas do podio mundial en Auckland, Nova Zelandia, ao rematar na cuarta posición, podio ao que conseguiu subir ao ano seguinte na cidade australiana de Geelong, obtendo o subcampionato mundial, só por detrás dos neozelandeses Peter Burling e Blair Tuke.
En 2021 disputou en Toquio os seus segundos Xogos Olímpicos, formando parella con Botín. Aínda que chegaron á Medal Race en terceira posición, tiveron que conformarse co cuarto posto final, despois de acabar sétimos na regata decisiva. Finalizaron empatados a puntos (70) cos terceiros clasificados, os alemáns Erik Heil e Thomas Plößel.
Palmarés internacional {| class="wikitable center col2izq" style="text-align:center;width:445px;" |+49er ! colspan=4| Campionato Mundial
! Ano ! Lugar ! Medalla ! Clase |- | 2020 | Geelong () | | 49er |- ! colspan=4| Campionato Europeo
! Ano ! Lugar ! Medalla ! Clase |- | 2016 | Barcelona () | | 49er |- | 2018 | Gdynia () | | 49er |- | 2019 | Weymouth () | | 49er |- ! colspan=4| Campionato Oceanía
! Ano ! Lugar ! Medalla ! Clase |- | 2018 | Auckland () | | 49er |- | 2019 | Geelong () | | 49er |- ! colspan=4| World Cup
! Ano ! Lugar ! Medalla ! Clase |- | 2017 | Hyeres () | | 49er |- | 2016 | Miami () | | 49er |- | 2017 | Miami () | | 49er
! colspan=4| Outras Regatas |- ! colspan=4| Kieler Woche
! Ano ! Lugar ! Medalla ! Clase |- | 2019 | Kiel () | | 49er |- ! colspan=4| Princesa Sofia
| 2016 | Palma () | | 49er |- | 2017 | Palma () | | 49er |- | 2019 | Palma () | | 49er |- ! colspan=4| Delta Lloyd
! Ano ! Lugar ! Medalla ! Clase |- | 2016 | Medemblijk () | | 49er
Notas
Véxase tamén Outros artigos Galegos nos Xogos Olímpicos de 2016 Galegos nos Xogos Olímpicos de 2020
Ligazóns externas Datos do deportista no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional .
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Regatistas olímpicos de Galicia Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 2020