Evaristo Rodríguez Rodríguez, finado en Monforte de Lemos en marzo de 1921, foi un médico e político galego.

Traxectoria Médico cirurxián especialista en xinecoloxía e obstetricia, discípulo de Maximino Teijeiro Fernández. En 1886 foi nomeado médico do cárcere do partido xudicial de Monforte e médico auxiliar da Compañía do Ferrocarril. Apoiado por Guillermo de Osma Scull, foi nomeado alcalde de Monforte de Lemos en xuño de 1909,Diario de Galicia, 26-6-1909, p. 2. tomando posesión a principios de xullo.El Norte de Galicia, 6-7-1909, p. 2. Foi separado do cargo por Real Orde en novembro dese ano, nomeando para substituílo a Tomás Somoza Caamaño.El Correo de Galicia, 27-11-1909, p. 2. Volveu ser elixido alcalde ao ano seguinte, tomando posesión o 9 de abril de 1910.El Norte de Galicia, 11-4-1910, p. 2. Permaneceu no cargo até 1918. Finou en Monforte de Lemos en marzo de 1921.La Voz de la Verdad, 31-3-1921, p. 2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Evaristo Rodríguez, el discípulo del doctor Teijeiro que brilló como alcalde

Alcaldes del siglo XX en Monforte (1909-1923)

Categoría:Médicos de Galicia

Categoría:Alcaldes de Monforte de Lemos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1921