Tyler Kalinoski, nado o 19 de decembro de 1992 en Cincinnati, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 1,88 m xoga na posición de escolta. Formado no instituto Olathe East, onde foi nomeado All-American, e na Universidade Davidson, onde foi seleccionado como mellor xogador da Conferencia Atlantic 10, actualmente xoga para o Unicaja da Liga ACB.

Traxectoria Nado en Cincinnati, Ohio, Kalinoski formouse como xogador no Instituto Olathe East baixo a dirección do adestrador Jim Super. Alí foi nomeado no primeiro equipo da Sunflower League en 2010 e 2011. Como sénior fixo unha media de 17,1 puntos, 5,8 rebotes, 5,7 asistencias e 2,2 roubos por encontro, liderando ao equipo en todas as categorías estatísticas. Isto serviulle para ser nomeado McDonald's All-American. Após finalizar a súa etapa no instituto, foi recrutado pola Universidade Davidson para xogar nos Wildcats. No seu ano freshman fixo unha media de 4,7 puntos, 2,2 rebotes e 1,2 asistencias in 17,4 minutos de xogo por encontro. No seu segundo ano mellorou as súas estatísticas a 7,6 puntos, 2,8 rebotes e 1,6 asistencias in 22,6 minutos de xogo, conseguindo dobres figuras en trece ocasións. Na temporada 2014−15, como sénior, liderou ao equipo a conseguir un rexistro de 23-6 na Atlantic 10, conseguindo 16,9 puntos e 5,7 rebotes por partido, sendo nomeado mellor xogador da conferencia.

Após non ser seleccionado no Draft da NBA, xogou na liga de verán para os Miami Heat. Cando finalizou o torneo, tando o equipo de Miami como os Charlotte Hornets amosaron interese na súa contratación como xogador de rotación, tendo que pasar a maior parte da temporada na NBA D-League. Ao non estar de acordo coas condicións ofrecidas, Kalinoski decidiou mudar de continente e asinar co Élan Chalon da LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto francés, e da FIBA Europe Cup. Tras finalizar a camapaña no equipo galo, asinou co Apollon Patras da A1 Ethniki grega, onde conseguiu 10,8 puntos e 4,9 rebotes por encontro na máxima categoría do país heleno. As dúas seguintes temporadas xogou para os Antwerp Giants da Pro Basketball League e a Basketball Champions League. Tras un paso polo baloncesto turco co Bandırma e italiano co Pallacanestro Brescia, o 20 de xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Río Breogán da Liga ACB. No club lucense fixo unha media de 11,3 puntos e 3,3 rebotes por partido, axudando ao equipo a disputar a Copa do Rei e a disputar a fase previa da Basketball Champions League. Ao finalizar a temporada, anúnciase a súa fichaxe polo Unicaja.

Clubs Ao longo da súa carreira, Kalinoski ten xogado para os seguintes equipos profesionais: Élan Chalon (LNB Pro A / FIBA Europe Cup, 2015–2016) Apollon Patras (GBL, 2016−2017) Antwerp Giants (PBL / BCL, 2017−2019) Bandırma (BSL / BCL, 2020) Pallacanestro Brescia (LBA / Eurocup, 2020–2021) CB Breogán (ACB, 2021−2022) Unicaja (ACB, 2022−presente)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com Perfil en euroleague.net Perfil en proballers.com

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Cincinnati, Ohio Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Élan Chalon Categoría:Xogadores do Apollon Patras‎ Categoría:Xogadores do Antwerp Giants‎ Categoría:Xogadores do Bandırma BİK Categoría:Xogadores do Pallacanestro Brescia Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do CB Málaga