Jovino González Comesaña, nado en Vigo o 16 de outubro de 1975, é un ex-piragüista galego, que competía na modalidade de augas tranquilas. Participou en dous Xogos Olímpicos, sendo o seu mellor resultado o quinto posto na proba de K-4 1000 m en Atlanta 1996.

Traxectoria Comezou a destacar no piragüismo dende as categorías inferiores, ao igual que a súa irmá Marián, e en 1994 dispuotu en Xochimilco o seu primeiro Campionato Mundial, rematando en oitava posición no K4 500 metros. En 1995 proclamouse campión de España en K1 200 m, e logrou clasificarse para os Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta, en dúas probas diferentes: K2 500 e K4 1000. Conseguiu meterse nas finais olímpicas do K4 e volveu á casa cun diploma olímpico (5º posto). miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Nos Xogos Olímpicos de 2000 participou no K1 500m, meténdose na final e conseguindo o seu segundo diploma. Na mesma distancia, en 2002 conseguiu un bronce no Campionato de Europa celebrado en Szeged, e dous anos despois repetiu metal no K1 1000 metros en Poznan.

Logrou a clasificación tamén para os Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas, no K1 1000 metros, pero pouco antes do comezo dos Xogos, foi expulsado do equipo español por dar positivo por EPO nun control antidopaxe. Foi sancionado durante dous anos e regresou á competición en 2006. Ao ano seguinte regresou ao Campionato de Europa, onde conseguiu meterse na final, e repetiu participación tamén en 2008 e 2009.

Palmarés internacional Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Evento 2002 Szeged Bronce K1 500m 2004 Poznan Bronce K1 1000m

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do piragüista en sports-reference.com . Datos do piragüista no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional .

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Piragüistas olímpicos de Galicia Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2000