Xuliana Conde González, nada en San Xián de Marín en 1843 e finada en San Martiño de Bueu en 1914, foi a primeira poxadora de peixe do concello de Bueu.

Traxectoria Naceu en San Xián de Marín en 1843, filla de Ramona González e Pedro Conde, no seo dunha familia humilde do centro da vila. Mudouse na década de 1860 ao concello de Bueu tras casar con Antonio López Troncoso. Comezan a vivir de alugueiro no lugar da Praia dado que el era mariñeiro. A partir de entón comezou a vender os excedentes de peixe do seu home e, con posterioridade, realizou a poxa da mercancía procedente das grandes capturas: arrastre, xeito e ardora.

Tivo catro fillos: José, Francisco, Manuel e Ángel; e unha filla Concepción López Conde, que continuou co oficio da nai. A súa última neta viva, Fita, comentou sobre Xuliana:

A importancia que tivo foi tan grande que as descendentes pasaron a tomar o seu nome como alcume familiar: As Xulianas. A este respecto unha das bisnetas, Luísa, lembra:

Apenas hai datos sobre a súa vida e, probabelmente, morreu en 1914, pois ao ano seguinte os seus fillos realizan o pago dun préstamo a nome de Xuliana Conde, tras a súa morte.

Premios e recoñecementos En 2021, a Asociación Club Golfiños-Bueu rendeulle a IV Homenaxe Bueuesa Senlleira xunto coas súas descendentes. Ademais, dedicóuselle o número 3 do fanzine Aña en marzo dese mesmo ano. E en agosto saíu publicada unha pequena recensión na revista A Trabe de Ouro. En outubro de 2025 publicouse no blog A Illa dos Ratos un artigo sobre as Xulianas a partir do cal se incorporou parte da información a unha ruta sobre o labor feminino no concello de Bueu.

Notas

Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Marín