Blood Red Sky (tamén coñecido como Transatlantic 473) é un filme xermano-británico de 2021 dirixido por Peter Thorwarth, quen escribiu o guión xunto con Stefan Holtz. Está protagonizado por Roland Møller, Peri Baumeister, Chidi Ajufo e Alexander Scheer. Estreseouse o 23 de xullo de 2021 a través de Netflix.

Sinopse Nadja, unha viúva alemá, e o seu fillo Elias, prepáranse para tomar un avión a Nova York; Nadja, que parece sufrir unha leucemia, quere acudir ó doutor Brown, que pode ofrecerlle un tratamento médico para recuperar a saúde. No aeroporto, Elias faise amigo dun home chamado Farid, mentres a súa nai toma unha menciña que lle causa incomodidade.

O avión despega, e mentres os pasaxeiros se preparan para pasar a noite a bordo, un grupo de homes, incluíndo o copiloto Bastian, asasina aos tres pilotos e sabotan a caixa negra, impedindo que o avión sexa rastrexado por radar. O seu líder, Berg, anuncia ós pasaxeiros que el e os seus homes tomaron o control e esperan que todo o mundo permaneza nos seus asentos mentres negocian o rescate.

Personaxes

Carl Anton KochVampires and Airline Travel Meet in Netflix's 'Blood Red Sky' - Bell of Lost Souls como Elias Peri Baumeister as Nadja Kais Setti como Farid al Adwa Nader Ben-Abdallah como Mohammed David Hürten como Marvin Kai Ivo Baulitz como Bastian Buchner Graham McTavish como Coronel Alan Drummond Rebecca Dyson-Smith como Sarxento Karen Brown Roland Møller como Karl Dominic Purcell como Berg Jan Loukota como Jurij Alexander Scheer como Robert/Eightball Chidi Ajufo como Curtiz Florian Schmidtke como Michael Holger Hage como Holger Jacqueline Macaulay como Naomi

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de vampiros Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes do Reino Unido