O Basket Torino, coñecido por motivos de patrocinio como Reale Mutua Torino, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Turín, Piemonte. Foi fundado o 31 de maio de 2020 como sucesor do Auxilium Pallacanestro Torino. Desde a temporada 2019−20, o equipo compite na Serie A2 Basket, segunda categoría do baloncesto transalpino.

Historia A cidade de Turín contaba cun equipo profesional na Serie A, máxima categoría do baloncento italiano. Entre os logros deste equipo estaban o chegar á final da Copa Korać en 1976 e unha Copa de Italia en 2018. Con todo, despois de meses de dificultades financeiras, o equipo perdeu a categoría, declarouse en quebra e anunciou a súa disolución. Como resultado, foi fundado o Reale Mutua Basket Torino despois de que Stefano Sardara trasladase o seu club, Dinamo Academy Cagliari, desde Cagliari a Turín. O equipo debutou na tempada 2019−20 na Serie A2 Basket, a segunda división de Italia. O 5 de xullo de 2019, presentouse o logotipo do equipo cun touro de Turín.

No debut do club na tempada 2019−20, Torino foi o primeiro na División Oeste cun rexistro de 18−8 antes de que se cancelase a temporada debido á pandemia de COVID-19. En xullo de 2020, un grupo de investidores turcos liderado polo adestrador de baloncesto Ergin Ataman converteuse en propietario do club. Na seguinte temporada, o equipo competiu no Grupo Verde da Serie A2, unha campaña sen o apoio en vivo dos seareiros debido á situación sanitaria. O equipo acabou a temporada regular cunha marca de 18−7, ocupando así o primeiro lugar. Na segunda fase da liga o Torino acanda o segundo lugar cun rexistro de 6−4, o que lle outorgaba o factor cancha nas primeiras eliminatorias polo ascenso. Nos cuartos de final o equipo conseguiu vencer por 3−0 contra a Mantovana, en tamén venceu por 3−0 contra o Scaligera Verona, mais nas finais saíron derrotados por 2−3 contra o Derthona Basket, equipo que finalmente conseguiu o ascenso á Serie A.

Patrocinadores Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

Reale Mutua Torino (2020–presente)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Auxilium Pallacanestro Torino

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Italia